[29/04/2006]/A UD Las Palmas medirá as súas forzas este domingo, a partir das 12.30 horas, fronte ó segundo clasificado do Grupo I da Segunda división B, o Pontevedra. Aythami Artiles, central do conxunto amarelo, mellorou da escordadura que sufriu nun dos seus nocellos e formará parte da expedición que viaxe a terras galegas. O zagueiro de Arguineguín o ten claro: "O Pontevedra é segundo na táboa, claro que é o favorito para gañar".
O defensa comentou que "se o adestrador o estima estou para o domingo. A comezos da semana custoume un pouquiño, pero xa estou ben, xa que puiden coller o ritmo dos adestramentos. Agardo que o adestrador me inclúa na lista, xa que considero que estou ó cento por cen", explicou.
O canteirán non dubidou en calificar ó Pontevedra como equipo "favorito" para este encontro: "Eles van de segundos ¿non? É normal que sexan os favoritos. Nós imos asumir o noso rol, que é intentar sacar o partido adiante e sumar os tres puntos. Juanito dixo que eles son favoritos e non se trabuca", indicou.
Aythami recoñeceu que agora chega o momento da verdade: "Enfrontámonos a rivais directos e un pinchazo a estas alturas sería un paso atrás moi importante. Aínda quedan cinco partidos nos que hai que sumar os máximos puntos posibles para deixar canto antes sentenciada a clasificación", manifestou.
"Non facemos cálculos. Dende o comezo, asumimos que o importante é o día a día, que é o que te da os puntos", sinalou.
O xogador da UD Las Palmas advertiu que para o encontro do domingo en Pasarón hai que "ter máxima concentración" no apartado defensivo, dado o potencial atacante dos galegos.
"Tentamos estar sempre concentrados, pero neste encontro hai que estar aínda máis concentrado, xa que eles ofensivamente están moi ben. Temos que traballar duro para contrarrestar os ataques e as cousas boas que poidan ter", añadíu.
Aythami, que dixo que este tipo de partidos son "os que non lle gusta perderse a ninguén", aseverou que o vestiario está con moitas gañas de "facer algo grande este ano".
Para rematar, o zagueiro, que considera bo o empate sempre e cando pinchen os perseguidores do equipo amarelo, afirmou que para sorprender ó Pontevedra "hai que presionar moito" ó opoñente e "tentar ter o control do balón o máximo posible", sentenciou.
www.canariasahora.com