29 - 04 - 2006
[29/04/2006]/Dada a importancia do encontro do domingo e debido que o partido xogaráse pola mañá, Alberto Argibay decidiu que os xogadores se concentren o sábado pola noite nun hotel da cidade. Deste xeito, os integrantes do plantel granate quedarán concentrados a partir deste sábado pola noite para pensar única e exclusivamente no encontro contra a Unión Deportiva As Palmas.
Aínda pola mañá, os futbolistas do Pontevedra realizarán unha última sesión de adestramento en Pasarón a porta pechada, a partir das 10.30 horas.
Será o ensaio definitivo, onde Argibay perfilará o once titular que utilizará de inicio contra o cadro grancanario. Semella que non haberá grandes trocos: un será obrigado por sanción (Tinaia ocupará o lugar do castigado Fran González) e algún outro, por decisión técnica, como a entrada de Yuri; o que aínda non se sabe é o nome do xogador que deberá deixar o seu posto ó máximo goleador do grupo. Pablo Mannara está a ser un dos mellores do equipo, e Rubén Reyes e Charles teñen un peso importante no equipo. A solución a ten Argibay, que de seguro, e como ven sendo habitual nos encontros que o Pontevedra disputa en Pasarón, decidirá convocar a tódolos xogadores dispoñibles.
Nova engadida por Desconocido @ 3:50  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
Opinións
Nova engadida por Convidado
18 - 02 - 2010 | 11:46
n5KXHY <a href="http://rybmyhltjdgh.com/">rybmyhltjdgh</a>, [url=http://gydgkjffflcv.com/]gydgkjffflcv[/url], [link=http://eqioutwopvjm.com/]eqioutwopvjm[/link], http://esxwulhsgiuf.com/