29 - 04 - 2006
[29/04/2006]/Estiveron a piques de coincidir a tempada pasada na Segunda División. A Unión Deportiva As Palmas aínda non se repuxo do golpe do descenso de Primeira División na tempada 2001-02 e só conseguiu aguantar dous anos na categoría de prata. Retornou á Segunda B ó tempo que o Pontevedra daba o golpe de mán para aferrarse ó segundo escalón da Liga de Fútbol Profesional.
Son dous equipos que foron da mán durante tempo na máxima categoría. Na época máis brillante da historia dos granates, no Hai que roelo, coincidiron entre o exercicio 1965-66 e a 1969-70. Habitualmente, a Unión Deportiva As Palmas era un rival batible para o Pontevedra. Dos cinco encontros que disputaron na máxima categoría en Pasarón, os granates impuxéronse en tres e cederon un empate e unha soa derrota.
Despois daquela gratificante traxectoria de ámbolos dous clubes, volveron atoparse vintecatro anos despois na Segunda B. Foron dúas tempadas, tempo suficiente para que o Pontevedra volvese a demostrar que tíñalle tomada a medida ós canarios. Non era só en Pasarón senón tamén en Gran Canaria. Os granates eran máis equipo. Gañáronlle un partido e empatáronlle dous en Primeira e fíxose con outras dúas victorias na Segunda División B.
Na actualidade, o Pontevedra camiña con paso firme. A UD As Palmas, de forma titubeante. A súa derrota ante o Celta B na súa anterior saída estivo a piques de deixalo fóra de combate. Salvoulle que tanto o Raio Vallecano como o Fuenlabrada tampouco andan moi finos.
Mañá quererán arreglar a tempada ante un Pontevedra consciente de que a victoria deixarálle á marxe dos codazos que haberá por colarse entre os catro primeiros. Seguen a ser seis equipos para catro postos e polo agora só o Universidade o ten arreglado, algo que tamén logrará o equipo de Argibay se suma os tres puntos mañá.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións