29 - 04 - 2006
[29/04/2006]/A capacidade goleadora do Pontevedra ten asombrada a toda a Segunda B. O equipo granate está en disposición de superar o seu impresionante rexistro dos 72 goles logrado na tempada 2003-04 na que conseguiu o único título de campión de grupo que posúe na súa longa historia na categoría.
Yuri supera con suma facilidade os goles logrados polos dous máximos realizadores da Unión Deportiva As Palmas. Marcos Márquez leva 9 e Alejandro 7 polos 20 do brasileño granate. É dicir, a Yuri sóbranlle catro e o terceiro mellor artilleiro canario, Darino, leva cinco.
Pero se a calidade na finalización de Yuri serve para minimizar a traxectoria goleadora dos arietes do seu rival de mañá, a familia tira por terra a moral de toda a plantilla da UD As Palmas. Trece xogadores interviron nas súas 41 dianas. Entre Yuri, Igor e Charles levan 45. Ou sexa, tres contra unha plantilla.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións