29 - 04 - 2006
[29/04/2006]/Alberto Argibay deu a coñecer esta mañá a lista de convocados para o encontro que o Pontevedra disputará este domingo contra a UD As Palmas. En total, son 18 xogadores os que completan a lista de convocados: os gardamallas Bonis e Iván Parada; os zagueiros Ormazábal, Luciano, Fede Bahón, Dumast, Azparren e Tinaia; os centrocampistas Cabrera, Organista, Nasser, Fran Rico, Mannara e Rubén Reyes; e os atacantes Baptiste, Charles, Yuri e Igor.
Polo tanto, quedan fóra da convocatoria os leionados Vázquez e Tiago Belmonte, o sancionado Fran González e Mauro, por decisión técnica.
Os dezaoito convocados concentraránse este sábado no Hotel Vedra, onde pasarán a noite para logo dirixirse dende alí na mañá do domingo directamente ó Estadio Municipal de Pasarón


Juanito viaxa con 16 xogadores

O adestrador da Uníon Deportiva As Palmas viaxa con 16 xogadores a Pontevedra: Pindado, Javi Ortega, Alberto, Aday, Marcos Márquez, Darino, Alejandro, Nauzet Alemán, Juanma, Curro, Víctor Afonso, Ione, Aythami, Gustavo de la Parra, David González e Fredi.
Juanito non poderá contar con David García, sancionado, nin con Mario, lesionado. Ademáis, con respecto á pasada xornada, tamén caen da lista de convocados David Rodríguez e o canteirán Jonay Díaz 'Romario'. Pola contra, volven á convocatoria Siro Darino (o centrocampista cumpriu sanción contra o Melilla), Nauzet Alemán (Juanito levantoulle o castigo), Aythami (recuprado xa da súa lesión) e David González.
Nova engadida por JBA @ 14:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións