30 - 04 - 2006
[30/04/2006]/O Pontevedra perdeu unha gran oportunidade para deixar practicamente sentenciada a segunda praza. O cadro granate caiu esta mañá pola mínima ante a UD As Palmas, que levouse os tres puntos grazas ó gol de Alberto, e tamén a que o colexiado cántabro Arias López decidiu erixirse no protagonista do encontro, tras expulsar a Luciano (min.2) e a Cabrera antes de chegar ó descanso e ser bastante permisivo co xogo duro do conxunto insular (Igor tivo que deixar o terreo de xogo despois de que un zagueiro lle craváse os tacos nun xemelgo). Deste xeito, o Pontevedra segue a manter a segunda posición da táboa, epro agora cun punto de vantaxe sobre o cadro grancanario, que é terceiro.
Nova engadida por Desconocido @ 15:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións