PONTEVEDRA 0-1 AS PALMAS
[30/04/2006]/Se a semana pasada, o Pontevedra tivo que loitar contra o vento e o Pájara, nesta ocasión o cadro granate tería que multiplicar as súas forzas para poder sacar algo positivo. O colexiado cántabro Arias López decidiu ser o centro de atención e a meirande parte das decisións que tomou afectaron ó Pontevedra, que marchou ó descanso con dous xogadores menos por expulsión, e rematou o encontro con algún que outro futbolista lesionado sen que o colexiado o impedíse.
Nos primeiros minutos de partido a xente xa podería albiscar por onde irían as intencións de Arias López no día de hoxe. No minuto 2, o colexiado cántabro decidía expulsar a Luciano por unha rigurosa acción sobre Alejandro: cando o dianteiro dispoñíase a encarar a Bonis, sentíu a chegada do zagueiro granate e sen que apenas lle tocara optou por tirarse; o árbitro non o dubidou e mandou a Luciano ós vestiarios.
Golpe duro para o Pontevedra que, nembargantes, levou o peso do encontro, unha vez que comprobara que a UD As Palmas non tíña intención algunha de asumir riscos. O cadro grancanario decepcionou a todos, demostrando que moito teñen que cambiar as cousas se quere chegar lonxe.
Era un partido de poucas oportunidades por parte de ámbolos dous conxuntos: o Pontevedra por que acusou a tempraneira expulsión de Luciano, e a UD As Palmas por que semellaba conformárse co empate. Pese a todo, o Pontevedra disfrutou dalgunha que outra ocasión de gol. Mediada a primeira metade, sería Igor o que estaria a piques de inaugurar o marcador; o brasileño, controlaba un balón, marchaba en velocidade dun defensa pero en vez de rematar á primeira, decidiu facer un recorte na frontal do área que deu tempo á zaga canaria para desbaratar a ocasión. O certo é que hoxe non foi o día de Igor, xa que no comezo da segunda metade marcharía do terreo de xogo por mor da excesiva dureza coa que se empregaron os zagueiros canarios, que aproveitaron a permisividade do colexiado para curtar con faltas os ataques do Pontevedra.
Mentres tanto, a UD As Palmas non existía en ataque e só probaba fortuna con disparos lonxanos que, na súa maioría, marchaban desviados. Tivo sorte o cadro insular, xa que no único disparo que foi entre os tres paos chegou o seu inmerecido premio: corría o minuto 39 cando Alberto recollía un rexeite fóra do área e empalmaba un disparo sen aparente perigo que Tinaia desviaría, e que acabaría no fondo das mallas da porta de Bonis.
Pero antes do descanso, Arias López aínda tería tempo para deixar ó Pontevedra con outro xogadores menos; desta vez, sería Cabrera, tras un entrada dura, o que marcharía cara os vestiarios antes de tempo por dobre amonestación. O certo é que o colexiado só tíña cartóns para os granates, mentres que os xogadores canarios tíñan o 'permiso' do colexiado para facer cantas faltas quixeran.
Con todo este panorama, só habería que agardar a que a UD As Palmas resolvése o encontro nos segundos 45 minutos, pero o conxunto amarelo demostrou que para nada é superior ó cadro granate, e que de non ser polo sucedido na primeira metade, o resultado final sería outro moi distinto. Iso tamén deberían ter pensado os xogadores visitantes, que semellaban algo temerosos, incapaces de aproveitar a superioridade numérica e que decidiron simular diferentes lesións ó longo do encontro para xogar co factor tempo. A UD As Palmas tivo varias oportunidades claras nas botas de Marcos Márquez, Nauzet Alemán e Juanma para solventar antes de tempo o encontro, pero amosou unha falta de puntería asombrosa que estivo a piques de pasárlles factura.
Con todo esto, o Pontevedra atacaba como podía; con dous xogadores menos, o perigo do cadro granate chegou en xogadas a balón parado. O primeiro en intentalo sería Rubén Reyes, pero o seu lanzamento marcharía preto do pao dereito da porta de Pindado. O gardamallas da Unión Deportiva salvaría o seu equipo do empate nos derradeiros compases de partido, nos que o Pontevedra asolagou o área rival mediante balóns colgados que fixeron que Juanito e os seus homes pedisen o remate do encontro.
Nembargantes, nin Nasser nin Tinaia, ámbolos dous coa testa, lograron acadar o gol da igualada.
Ó final, derrota do Pontevedra ante a UD As Palmas, e o conxunto granate que queda a un só punto do cadro insular, aínda que cun calendario moito máis favorable para o cadro granate que o vindeiro sábado, a partires das 18.30 horas, visita o campo do Castillo, nun encontro que poderemos seguir pola Televisión de Galicia.
FICHA DO ENCONTRO
-Pontevedra: Bonis, Luciano, Azparren, Fede Bahón, Tinaia, Cabrera, Organista (Mannara,55'),Charles, Yuri (Nasser,72'), Rubén Reyes e Igor (Dumast,55').
-As Palmas: Pindado, Ione, Aythami, Víctor, Gustavo (Fredi,75'), Darino (Aday,92'), Curro (Nauzet Alemán,60'), Alberto, Juanma, Alejandro e Marcos Márquez.
-Colexiado: Francisco Arias López (Moi mal). Amosoulle o cartón amarelo a Dumast, Tinaia e Alberto Argibay (adestrador) por parte do Pontevedra, e a Darino, Aythami, Marcos Márquez, Ione, Juanma e Alejandro pola UD As Palmas. Expulsou a Luciano (min.2) con vermella directa e Cabrera (min.43) por dobre amonestación, ámbolos dous, xogadores do Pontevedra.
-Gol: 0-1 (min.39), Alberto.
-Estadio: Municipal de Pasarón (Máis de 5.500 afeccionados).