[30/05/2006]/O encontro que disputarán o Sevilla "B" e o Pontevedra o vindeiro domingo ás 11:30 horas será dirixido polo colexiado estremeño Carlos Sánchez Laso. Será a primeria ocasión nesta tempada na que Sánchez Laso lle dirixa un encontro a ámbolos dous conxuntos.
O árbitro estremeño dirixiu un total de 14 partidos ó longo do campionato, que se saldaron con oito victorias locais, 3 empates e 3 victorias visitantes. Entre estes 14 encontros, dirixiu dous encontros con representación galega que se saldaron con victorias visitantes: na xornada 36 dirixiu o Melilla 1-3 Celta "B", e a semana pasada arbitrou o Negreira 1-2 Alcorcón.
Sánchez Laso ascendeu este ano de categoría tras dirixir no curso pasado un total de 12 encontros na terceira división, que se saldaron con 4 victorias locais, 2 empates e 6 victorias visitantes.