[31/05/2006]/Se algo funciona, por qué cambialo. Iso é o que debe pensar o adestrador do Sevilla "B", Manolo Jiménez, ó pedir expresamente que o partido de ascenso a Segunda División fronte ó Pontevedra se xogue na cidade deportiva e non no estadio Ramón Sánchez Pizjuán, como adoita facer o filial nervionense cando xoga un partido trascendente para os seus intereses deportivos ou atractivo para os afeccionados sevillistas. Aínda están frescos na lembranza fiascos en Nervión como o de fai un ano ante o Zamora.
Según se comunicou dende os medios oficiais do Sevilla este encontro disputaráse o vindeiro domingo na estrada de Utrera ás 11.30 horas. Este horario pode afectar ademáis ós intereses galegos na segunda parte. O equipo granate está menos acostumado ca os xóvenes xogadores brancos ás altas temperaturas que seguramente rexistrará a cidade a vindeira fin de semana.
A razón de que se adoptase esta determinación non é tan difícil de explicar, aínda que hai que introducirse no terreo das supersticións. Nos dous anteriores anos que o equipo dirixido por Jiménez meteuse na fase de ascenso os seus partidos disputaronse no Ramón Sánchez Pizjuán, e en ámbalas dúas tempadas non se logrou o ascenso.
Especialmente dolorosa foi a eliminación do pasado ano, a primeira vez que se facía co actual formato de eliminatoria directa a dobre partido. Contra o Zamora empatouse a domicilio a cero goles. Na volta, cando todo indicaba que o Sevilla "B" xogaría a final ó ir gañando por 1-0, un gol de rebote nunha falta enviou ós desconsolados integrantes do filial a casa nunha inxusta eliminación.
Na escadra galega o que máis preocupa polo momento é o horario do choque. Sabedores do seu, a priori, favoritismo, son conscientes de que os sevillistas utilizarán tódalas armas o seu alcance para deixalos na cuneta. O adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, comentou sobre a hora do partido e as temperaturas que se poden alcanzar no terreo de xogo que "a calor é un aspecto a coidar e que pode influir no desenrrolo do partido xa que o ritmo que se imprima pode decantar o encontro dun lado ou outro".
No caso de pasar a primeira eliminatoria, os sevillistas cruzaríanse ante o Salamanca ou a Gramenet os días 18 e 22 deste mes. Se fóra cos salmantinos, os nervionenses terían que disputar o partido de ida na casa e o de volta no Helmántico. Se fora en cambio contra os cataláns, os de Jiménez sí pecharían a eliminatoria en Sevilla.
Diario de Sevilla