[31/05/2006]/O Sevilla instalará unhas gradas supletorias na cidade deportiva para o partido que enfrontará ó filial contra o Pontevedra no primeiro partido das eliminatorias de ascenso á Segunda División.
Preto de 2.000 prazas suplementarias serán instaladas ante a previsión de público asistente, contando ademáis cos desprazados galegos dende Pontevedra.
As entradas que saian á venda serán exclusivamente para aboados, e a un prezo único de 15 euros.
O partido disputaráse ás 11:30 horas do domingo día 4 de xuño, na cidade deportiva do Sevilla FC na estrada de Utrera. A garda civil montará un dispositivo especial para regular e controlar o acceso á mesma e facilitar deste xeito a organización e chegada dos afeccionados.
Páxina non oficial do Sevilla FC