[31/05/2006]/Unha das perlas da estrada de Utrera, Diego Capel, está vivindo unha das súas etapas máis doces na súa curta carreira balompédica. Ademáis do seu concurso coa casaca vermella da selección sub-19. Tras conseguir o pasaporte para o europeo de Polonia que se celebrará entre o 18 e o 29 de xullo, o de Albox está xa totalmente concentrado no partido do vindeiro domingo contra o Pontevedra. "Estamos nun grupo no que os rivais van ser moi difíciles pero a ilusión que temos para ser grandes non nola quita ninguén. Despois deste ano tan duro, o chegar a esta fase foi algo incríble que merece facer un último esforzo", sinalou. Capel considerou tamén que para tumbar ós galegos "temos que ser moi fortes para sacar cousas positivas na casa e logo ir fora. En todo caso, agora máis ca nunca necesitamos o apoio da afección e ogallá que abarrote o campo".
En canto o seu momento persoal, o almeriense amósase ufano tralos logros que conseguiu coa vermella. "Saíronme as cousas moi ben e grazas ó equipo todo foi máis sinxelo. Agardo seguir neste estado de forma porque atópome moi ben e agora esperamos dalo máximo posible", declarou.
Web Oficial do Sevilla