[31/05/2006]/O Sevilla "B" necesita o domingo que ven o maior apoio posible para conseguir unha boa renta para o partido de volta da eliminatoria. Por iso, a entidade nervionense decidiu que os aboados desta campaña non teñan que pagar para ver o partido sempre e cando presenten o seu carnet. Aqueles que non o fagan ou non sexan socios terán que pagar 15 euros. Ademáis, como xa se fixo no partido contra o Racing de Ferrol de fai dúas tempadas, o aforo incrementaráse grazas ó ensamblaxe dunhas gradas supletorias.
Por outra parte, agárdase que a asistencia de público galego sexa importante debido ó carisma do que fai gala na súa terra o rival sevillista.
Web Oficial do Sevilla