[31/05/2006]/Os xogadores do Pontevedra volveron na tarde de hoxe ós adestramentos para comezar a preparar o encontro que disputarán o vindeiro domingo contra o Sevilla "B". O plantel granate levou a cabo sobre o céspede do Príncipe Felipe a primeira sesión da semana. Alberto Argibay mantivo unha charla cos seus futbolistas antes de que comezase a sesión de traballo. O adestrador pontevedrés só contará con dúas baixas para o encontro contra o filial sevillista: Rubén Reyes, que cumprirá o seu último partido de sanción, e Vázquez, que segue recuperándose da súa lesión.
O resto do plantel está en perfectas condicións para afrontar o primeira encontro da primeira eliminatoria.
A plantilla granate adestrará mañá xoves ás 11:30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.