24 - 06 - 2006
O grupo de alto rendemento que formará o Pontevedra Clube de Fútbol para a vindeira tempada estará formado por 20 fútbolistas xóvenes. Todos eles serán menores de vinte anos e traballarán paralelamente á primeira plantilla. O colectivo terá no seu seo a tódolos futbolistas que durante a pasada campaña estiveron cedidos na Terceira División, tanto no Portonovo como no Vilalonga. A eles uniránse Fran Rico, Kelvin e Alex Díaz, ademáis dos xuveniles que remataron o seu ciclo a pasada campaña e Danilson. O bloque estará a medio camiño entre o primeiro plantel e o filial. Dese conxunto, dous rapaces terán ficha coa formación da Segunda División "B" (Fran Rico e outro xogador, por norma da directiva que tivo que aceptar o técnico) e os demáis terán o seu lugar no filial. O Pontevedra, seguindo o modelo doutros clubes como o Sevilla, tentará construir un bloque dende abaixo, traballar cun sistema de camadas de futbolistas que compitan ao máximo nivel na súa categoría e ao mesmo tempo poidan abastecer ao colectivo semiprofesional. Ese cadro estará controlado por unha comisión de seguimento de nova creación, na que terán presencia tanto Alberto Argibay coma Joao de Bastos, segundo adestrador. A gran novidade nese aspecto será Xesús Pérez, técnico que desempeñaba unha laboura de preparación física, que facía un importante seguimento de futbolistas en Cataluña para o Pontevedra. Xesús Pérez será unha peza clave na coordinación do conxunto de alto rendemento. Esta formación de nova creación acabará en parte coa política de cesións colectivas que mantivo a entidade granate durante o ano pasado, aínda que nalgún caso concreto, podería ser interesante que algún dos mellores xogadores puidesen curtirse noutro clube.


Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 17:15  | A Canteira
 | Enviar