[26/06/2006]/Unha vez que Nino Mirón e Alberto Argibay chegaron a un acordo para que o técnico pontevedrés siga como adestrador do conxunto granate, ámbolos dous comezaron a planificar a plantilla da vindeira tempada. O clube reuniráse con varios dos xogadores que rematan contrato para chegar a un acordo con todos eles. Son os casos de Baptiste e Nasser, que nestes intres está reunido co presidente para ampliar o seu contrato. Dende o clube xa anunciaron que negociarán co Barcelona e o Porto para facerse cos servizos de Fran González e Organista. Ademáis, Nino Mirón xa alcanzou un acordo co Sp. Braga para que Igor de Souza xogue outro ano máis como cedido no Pontevedra. Tamén hai que salientar que o clube repescará a varios dos xogadores cedidos, como Alex Díaz, Aitor Díaz, Fran Castaño ou Damián Varela, que realizarán a pretempada co primeiro equipo.
No capítulo de baixas, o clube xa confirmou que Pablo Mannara e o capitán, Fede Bahón, non continuarán no equipo a vindeira tempada. Ámbolos dous xogadores rematan contrato o 30 de xuño e como era previsible, non continuarán en Pasarón.