[27/06/2006]/É a crónica dunha renovación anunciada, aínda que neste caso non se produciu nos termos agardados por todo o mundo. O Pontevedra Clube de Fútbol comunicou oficialmente na mañá de onte a ampliación da súa relación contractual co futbolista brasileño Igor de Souza para a vindeira tempada. Iso sí, non será como se agardaba. A institución non adquiriu os servizos oficiais do futbolista, senón que alcanzou un acordo con él e coa entidade que posúe os seus dereitos federativos, o Sporting de Braga, para que forma parte da plantilla granate na liga 2006-2007. Con todo, as intencións do clube a ese respecto son as de conseguir a compra do dianteiro ao comezo da tempada, cando a súa capacidade económica llo permita e antes de que chegue o mercado invernal.
Ademáis, o Pontevedra curouse en saúde e conseguiu do Sporting de Braga a capacidade de negociación con axentes externos para vender ao xoven. É dicir, se algún outro equipo quere comprar ao goleador, terá que pasar por caixa en Galiza, non en Portugal.
O Pontevedra non está pechado a esa posibilidade. Ao contrario, ollao como unha opción. E é que seguen producíndose chamadas ás oficinas de Benito Corbal para mostrar interese polos tres responsables do gol lerezano. Non só queren a Igor. Tamén se aposta por Yuri e Charles. Ninguén formalizou unha oferta concreta. Iso sí, a insistencia da que informa o director xeral da entidade, Elías Espiñeira, da a entender que os pontevedreses entrarán en negociacións por algún dos familiares en breve. Con todo, dende a entidade non se queren oficializar nomes doutras institucións ata que non se inicien formalmente os diálogos.
En medio dese clima de espera, o propio responsable da xerencia do clube avanzou que se intentará evitar outro caso Javi Rodríguez. "Se aparece unha oferta moi boa o 31 de agosto, é lóxico que se atendería a ela e poderíase aceptar, pero intentaremos evitar que aconteza o mesmo e dialogar canto antes para ter capacidade de reacción e responder á saída do futbolista".
Por outra parte, vívese un momento de confusión sobre o futuro de Ibrahim Baptiste. O xoven xogador francés afirma que seguirá coa camisola do Pontevedra, mentres que dende a entidade granate, o director xeral, Elías Espiñeira, asegura que aínda non hai nada confirmado respecto á relación de ámbalas dúas partes.
Espiñeira sosteñe que o rapaz acababa contrato e ademáis que xa viviu o preceptivo proceso de liquidación cando se produciu a conclusión da relación contractual. "Non quere dicir con isto que non poida seguir, pero non cumpriu os obxectivos que se marcaron para que renovase por unha tempada. Temos que negociar", afirma o responsable dos servizos xurídicos da institución.
Nembargantes, o dianteiro cre que quedará unha tempada máis, tras chegar a un acordo verbal co presidente Nino Mirón e o adestrador Alberto Argibay. Segundo asegurou o francés, ámbolos dous lle manifestaron satisfacción polo seu traballo durante a tempada e dixéronlle que querían mantelo.
O futbolista ten en mente regresar a Pontevedra en xullo, co resto da plantilla.
Iso sí, tamén explicou que lle "gustaría mellorar as míñas condicións deportivas. Está claro que terei que pelexar duro este ano para poder facerme un oco dentro do equipo e cambiar a míña situación con respecto ao curso pasado", asegurou. E é que o media punta galo foi dos homes que menos minutos disputou. Él asume as circunstancias especiais nas que se levou a cabo o seu traballo. "O meu primeiro ano foi de adaptación. Aínda son xoven. Serviume para madurar", explica. "En pretempada veremos cómo evolucionan os acontecementos".
Organista segue
A seguinte nova do Pontevedra podería ser a continuidade do medio centro portugués Sérgio Organista. A entidade granate alcanzou onte un acordo co FC Porto para facerse cos seus dereitos. De tal xeito, só falta pechar o trato entre o medio centro e os responsables da entidade para que a relación que finalizaba o 30 de xuño se amplíe á liga 2006-2007. As negociacións entre a institución de Pasarón e o centrocampista están moi avanzadas. Quedan por definirse algúns detalles para que o xoven pase a ocupar unha praza da primeira plantilla pontevedresa sen estar ligado ao Porto.
Nas vindeiras horas poderíase chegar a un punto de encontro definitivo. Ademáis, o Pontevedra segue intentando asegurarse a permanencia na cidade do francés Hakkar Nasser. Xa lle fixo coñecer unha oferta á que o galo terá que responder nos vindeiros dous días. O seu interese é conservar o seu posto no conxunto, aínda que se lle poden xerar dúbidas en canto á lonxitude do contrato, xa que está interesado en máis dunha tempada.
Os que non seguirán con absoluta seguridade serán Mannara, Fede Bahón e Tinaia. No caso dos dous primeiros, dende o Pontevedra asegúrase que se lles manifestou a súa intención de prescindir dos seus servizos moito antes de que eles mesmos dixesen que non continuarían polo feito de que Argibay se mantivese á fronte.
No caso de Tinaia, a entidad tamén lle explicou que non contaría con él para o curso seguinte. Por iso, o lateral esquerdo de Cabo Verde, dende o seu país de orixe, intenta buscar un conxunto para o vindeiro exercicio. Os tres, ao igual que Mauro, Baptiste, Iván, Bonis, Nasser e os cedidos Igor, Fran e Organista finalizaban o seu trato coa entidade. Polo de agora son catro as baixas para o vindeiro curso: Mauro e os citados Mannara, Tinaia e Fede Bahón.
Diario de Pontevedra