28 - 06 - 2006
[28/06/2006]/O Pontevedra repetirá a experiencia do pasado ano: traballo intenso de verán, dobres sesións, concentración en Melgaço e moitos encontros de pretempada. O clube xa definiu o sistema de traballo que levará a cabo para preparar á plantilla de cara ao comezo do curso futbolístico.
Será unha pretempada levemente máis longa cá dos cursos anteriores. Iso tamén veráse favorecido polo feito de que os futbolistas poderán disfrutar de máis tempo de vacacións, debido á prematura eliminación do play off.
Os xogadores están citados para o día 18 de xullo, cando comenzarán as probas médicas e físicas e as sesións no céspede.
A liga comezará o domingo 27 de agosto, polo que a primeira plantilla pontevedresa terá un mes e unha semana para orientarse cara o seu debut na competición.
Nese período haberá tempo para unha concentración semellante á do exercicio pasado. Levaráse a cabo novamente na localidade portuguesa de Melgaço, entre o 31 de xullo e o 9 de agosto.
Nela haberá algún enfrontamento contra equipos do país veciño.
Antes e despois levaránse a cabo duelos ante cadros da provincia. O Pontevedra estará na reinauguración do campo de fútbol de Ponte Caldelas que está reformándose. Será o 12 ou 13 de agosto.
Ademáis, haberá dúas citas contra o Chaves, o 9 e posiblemente o 19 de agosto. O encontro contra o Sporting de Braga, incluido dentro do acordo pola ampliación da cesión de Igor podería disputarse coa tempada xa comezada, xa que os lusos teñen unha axenda moi axustada.
Haberá un enfrontamento contra o Varzim durante a estancia en Portugal. Trátase do equipo da localidade natal de Organista.
Ademáis están pedidos amigables por parte do Arousa, o Vilalonga e o Coruxo. Tamén agárdase a peticións doutros clásicos das derradeiras precampañas como o Marín, o Areas e o Portonovo.
Todo o calendario coñeceráse nos vindeiros días e está condicionado á definición das datas dos encontros da Copa Xunta de Galicia, na que participarán os granates.


Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 3:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións