28 - 06 - 2006
[28/06/2006]/Cabrera Cava ten dúas opcións sobre a mesa: aceptar a boa oferta económica que lle presentou o Raio Vallecano unha vez que Pepe Mel fíxose cargo do equipo en sustitución de Míchel ou irse ao Valladolid para xogar na Segunda División. Os vallisoletanos, despois do bo rendemento do ex granate Capdevila, están interesados en incorporar a súa líña de centrocampistas a Cabrera no seu intento de levar a cabo unha profunda remodelación tras quedar a vinte puntos do obxectivo do ascenso a Primeira División.
Mentres, o Pontevedra ultima as cinco ou seis fichaxes que realizará con vistas á vindeira tempada. Aínda que o clube manteñe en segredo os seus movementos, están barallándose xogadores dun alto nivel técnico cos que suplir a futbolistas como Fede Bahón, Mannara, Mauro, Tinaia e Baptiste.
As líñas que ten cubertas nestes momentos son a portería -con Bonis, Saizar e Iván Parada- e o ataque, se ben cada día que pasa os brasileños Igor, Yuri e Charles están máis preto de cambiar de aires.
Chegado ese momento, a directiva terá que plantexarse se poderá levar a cabo unha renovación total do seu ataque. Podería quedar só con Tiago Belmonte, un dianteiro que entre o seu baixo nivel de comezos de tempada e a súa posterior lesión, leváronlle a pasar a súa primeira tempada como granate en branco.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 13:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións