[29/06/2006]/Xa son catro os xogadores renovados no Pontevedra: Iván Parada, Bonis, Igor e agora Sérgio Organista.
O centrocampista portugués alcanzou onte un acordo definitivo coa entidade granate polo que ampliará a súa relación coa entidade. Existen dúas versións ao respecto da continuidade do xoven na capital da provincia. Unha, a do propio xoven, que asegura que o nuevo documento que o une ao Pontevedra faino por tres cursos e outra, a da entidade que preside Nino Mirón, que afirma a través dun comunicado de prensa que o futbolista permanecerá na entidad por dúas campañas con opción a unha máis. En calquera caso, o centrocampista, que ollaba como a súa cesión do Porto ao Pontevedra acababa ao final da fase de ascenso, seguirá vestindo de granate. Ademáis, o fará como propiedade do clube e non como préstamo do Porto. A institución portuguesa renuncia ao seus dereitos, algo no que estaba interesado o mesmo futbolista.
E é que Organista, en anteriores manifestacións, xa avanzaba que a súa motivación era abandonar a disciplina do Porto definitivamente, sen a soga doutra cesión. Ademáis, puido alcanzar a súa primeira opción, Pontevedra. "Estou a gusto aquí. Quedou a maior parte dos compañeiros. Vexo a un grupo máis unido cada vez. Estou preto de casa". O portugués encadeaba dende o seu domicilio de Povoa de Varzim algunhas das razóns que convertían ao clube pontevedrés no que quería.
Permanecerá na mesma cidade coa meta do ascenso e cun ano máis de experiencia. "Volvemos a afrontar o mesmo obxectivo. Temos que traballar. Xa sabemos que vai ser moi compricado".
A nivel individual, o luso agarda explotar. "Pode ser o momento de confirmarme como futbolista e de disfrutar do balompé".
O punto de encontro coa directiva de Nino Mirón foi sinxelo. "Estábamos dacordo dende o principio. Cando hai boa vontade entre as persoas, non debe haber ningún problema".
É máis, o medio explica que nunca tivo ningún problema con Argibay. "O adestrador está para organizar e poñer á xente a xogar. Non hai porque estar mal con él".
Pronto se lle unirá Nasser. O optimismo do futbolista galo é compartido co da entidade. Onte estaba prevista unha resposta definitiva do francés á oferta da entidade para que seguise. Produciuse unha reunión entre ámbalas dúas partes, non se pechou o acordo, pero todo está preparado para que antes de que remate a semana se produza a quinta renovación de fin de curso.
Diario de Pontevedra