30 - 06 - 2006
[30/06/2006]/Tres anos leva o Raio Vallecano na Segunda B. Tralo fallido proxecto Míchel (o ano pasado non entraron nos play offs), os do populoso barrio de Madrid ficharon a Pepe Mel coma novo conductor. «Á terceira vai a vencida», dí a presidenta e esposa do dono do equipo, María Teresa Rivero, que quere que o seu equipo se convirta de novo na referencia da categoría. Os seus números asustan: o seu estadio conta con 15.500 asentos e o ano pasado tíña catro mil socios. No grupo madrileño tamén hai rivais de nivel, como o Atl. Madrid "B", coas incógnitas típicas dun filial, ou o Leganés.
Entre os galegos, o Pontevedra tentará por segundo ano consecutivo o ascenso. Xa amarrou unha fichaxe, o centrocampista francés Nasser. Tamén o Racing de Ferrol quere volver á División de Prata.
En canto aos canarios, seguirá o Universidade, que pese a quedar campión da categoría o ano pasado, non logrou o ascenso a Segunda. Tamén haberá que estar atentos ao Racing de Santander "B" e a algún equipo que poida dar a sorpresa, como o Vecindario.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións