30 - 06 - 2006
[30/06/2006]/O Pontevedra e Nasser Hakkar consumaron onte outra das renovacións cantadas da entidade para a vindeira tempada. O mediocentro francés seguirá como membro da institutción de Pasarón por un ano máis con opción a un segundo, como xa adiantou o propio futbolista o pasado martes. O centrocampista nado en Besançon convírtese na quinta renovación dos pontevedreses de cara ao vin [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/06/2006]/Tres anos leva o Raio Vallecano na Segunda B. Tralo fallido proxecto Míchel (o ano pasado non entraron nos play offs), os do populoso barrio de Madrid ficharon a Pepe Mel coma novo conductor. «Á terceira vai a vencida», dí a presidenta e esposa do dono do equipo, María Teresa Rivero, que quere que o seu equipo se convirta de novo na referencia da categoría. Os seus números [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 06 - 2006
[29/06/2006]/Os membros da Comisión de Segunda División "B", reunidos este xoves 29 de xuño na sede da RFEF, elaboraron unha proposta de composición dos catro grupos que participarán nesta categoría a vindeira tempada 2006/2007.
Dita proposta, respaldada por 74 dos 80 equipos que compoñen a Comisión, terá que ser aprobada na vindeira Xunta Directiva da Real Federación Española de [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:12  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/06/2006]/Xa son catro os xogadores renovados no Pontevedra: Iván Parada, Bonis, Igor e agora Sérgio Organista.
O centrocampista portugués alcanzou onte un acordo definitivo coa entidade granate polo que ampliará a súa relación coa entidade. Existen dúas versións ao respecto da continuidade do xoven na capital da provincia. Unha, a do propio xoven, que asegura que o nuevo doc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/06/2006]/O Pontevedra uníuse á proposta do Racing de Ferrol para eludir aos equipos canarios a vindeira tempada. Os longos desprazamentos e os campos sintéticos supoñen unha rémora importante para estes dous clubes, aos que se uníu o presidente do Ourense, que será o portavoz galego na reunión que se celebrará ás 12 da mañá de hoxe na sede da Federación Española de Fútbol para defi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:11  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 06 - 2006
[28/06/2006]/O Pazo provincial acolleu hoxe a reunión da mesa de contratación de Pasarón que acordou, por unanimidade, adxudicarlle a reforma do estadio á Oreco Empresa Construtora, que foi a que tivo un maior número de puntos, entre as 13 entidades que optaron ao concurso, de conformidade co prego de contratación.
Oreco Empresa Construtora, que ten a súa sede en Vigo, foi a que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:33  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/06/2006]/Cabrera Cava ten dúas opcións sobre a mesa: aceptar a boa oferta económica que lle presentou o Raio Vallecano unha vez que Pepe Mel fíxose cargo do equipo en sustitución de Míchel ou irse ao Valladolid para xogar na Segunda División. Os vallisoletanos, despois do bo rendemento do ex granate Capdevila, están interesados en incorporar a súa líña de centrocampistas a Cabrera [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:37  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/06/2006]/O Pontevedra repetirá a experiencia do pasado ano: traballo intenso de verán, dobres sesións, concentración en Melgaço e moitos encontros de pretempada. O clube xa definiu o sistema de traballo que levará a cabo para preparar á plantilla de cara ao comezo do curso futbolístico.
Será unha pretempada levemente máis longa cá dos cursos anteriores. Iso tamén veráse favor [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 06 - 2006
[27/06/2006]/É a crónica dunha renovación anunciada, aínda que neste caso non se produciu nos termos agardados por todo o mundo. O Pontevedra Clube de Fútbol comunicou oficialmente na mañá de onte a ampliación da súa relación contractual co futbolista brasileño Igor de Souza para a vindeira tempada. Iso sí, non será como se agardaba. A institución non adquiriu os servizos oficiais do f [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 06 - 2006
[26/06/2006]/Unha vez que Nino Mirón e Alberto Argibay chegaron a un acordo para que o técnico pontevedrés siga como adestrador do conxunto granate, ámbolos dous comezaron a planificar a plantilla da vindeira tempada. O clube reuniráse con varios dos xogadores que rematan contrato para chegar a un acordo con todos eles. Son os casos de Baptiste e Nasser, que nestes intres está reunido [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/06/2006]/Se o campionato de liga comezase agora para o Pontevedra, Alberto Argibay atoparíase cunha afección fragmentada, alomenos se atendemos ás opinións que verten dende as principais peñas acerca da súa recén asinada continuidade como técnico. Algunhas voces tildan a decisión como a "máis acertada" e piden que se lle dea "un voto de confianza. A nova suscitou "rechazo" no lado [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/06/2006]/Cinco conxuntos galegos estarán o ano que ven na Segunda División "B". Toda vez que Ourense e Celta "B" lograron a permanencia, o Pontevedra quedou eliminado ás primeiras de cambio nas eliminatorias de ascenso e o Racing de Ferrol descendía de categoría, só faltaba por saber cantos conxuntos da Terceira División conseguirían o ascenso. Só Depor "B" e Lugo lograron acceder [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/06/2006]/Salamanca, UD As Palmas, Vecindario e Ponferradina convertíronse esta fin de semana en equipos de Segunda División. Todos eles lograron superar as dúas eliminatorias de ascenso e competirán o ano que ven no fútbol profesional.
O Salamanca cumpriu con tódolos pronósticos e eliminou pola mínima ó Sevilla "B" grazas ao gol conseguido por Miku na segunda metade. O conxun [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 1:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 06 - 2006
[25/06/2006]/Xoan Xosé García Cota deixou de ser o responsable dos servizos médicos do Pontevedra Clube de Fútbol. O que foi ata a tempada que ven de rematar doutor da entidade granate presentou en pasadas datas a súa dimisión á directiva que preside Nino Mirón. A súa decisión estaba tomada algúns meses antes e obrigará á institución a renovarse na parcela médica, a incorporar a un nov [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 12:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 06 - 2006
O grupo de alto rendemento que formará o Pontevedra Clube de Fútbol para a vindeira tempada estará formado por 20 fútbolistas xóvenes. Todos eles serán menores de vinte anos e traballarán paralelamente á primeira plantilla. O colectivo terá no seu seo a tódolos futbolistas que durante a pasada campaña estiveron cedidos na Terceira División, tanto no Portonovo como no Vilalonga. A eles uniránse Fran Rico, Kelvin e Alex Díaz, ademáis dos xuveniles que remataron o seu ciclo a pasada campaña e Danil [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 17:15  | A Canteira
 | Enviar
[24/06/2006]/O técnico Alberto Argibay seguirá unha tempada máis á fronte do Pontevedra. O presidente, Nino Mirón, sinalou onte que "na xunta directiva consideramos que Alberto é a persoa idónea para estar á fronte do proxecto deportivo do Pontevedra Clube de Fútbol".
Un proxecto deportivo que se puxo en marcha a pasada tempada e que terá continuidade cun grupo de xogadores sub- [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[24/06/2006]/A mesa de contratación que debe adxudicar as obras do novo estadio de Pasarón reunirase o vindeiro mércores, día 28. Esta mesa reúne a representantes da institución provincial, da Xunta e o Concello. A Deputación condicionou, non entanto, a súa convocatoria a recibir previamente unha comunicación sobre a aprobación definitiva do proxecto polo Concello cos cambios que esixi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 06 - 2006
[23/06/2006]/A Deputación prevé convocar de inmediato a mesa de contratación para adxudicar o novo estadio de Pasarón, unha vez que o Concello deu o visto bo ás modificacións esixidas pola Xunta.
Segundo sinalou onte a vicepresidenta Teresa Pedrosa, o organismo provincial proponse convocar o antes que poida aos representantes da Xunta e do Concello na mesa de contratación, repre [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Poderás atopar toda a información sobre os conxuntos das categorías inferiores do Pontevedra Clube de Fútbol en http://canteiragranate.blogcindario.com. Almanaques, resultados e clasificacións das diferentes categorías.
Nova engadida por JBA @ 13:58  | A Canteira
Opinións (2)  | Enviar
[23/06/2006]/Mikel Saizar xogará as vindeiras dúas tempadas no Pontevedra con opción a dúas máis. O gardamallas de Ibarra foi dado de baixa fai uns días polo Sanse, pero as negociacións co Pontevedra remóntanse a antes da fase de ascenso como él mesmo confirma: "Sí, así foi. Estaba coa esperanza de subir ó primeiro equipo, pero pouco a pouco rumoreábase que ían fichar a un de fora e ca [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/06/2006]/Charles disfruta das vacacións. O ariete brasileño é consciente de que existen moitos rumores que o sitúan lonxe da capital do Lérez, a pesar de que como él mesmo sinala, "a día de hoxe ninguén púxose en contacto comigo. O presidente, Nino, é o que sabe como está a cousa".
O '18' do Pontevedra Clube de Fútbol admite sentirse moi a gusto no Pontevedra, a pesar de que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/06/2006]/A época estival vívese con especial intensidade na casa granate. Con varias frontes abertas, como o comezo da segunda fase para a conversión do clube lerezán en Sociedade Anónima Deportiva e a revisión da situación contractual dalgúns dos integrantes do vestiario pontevedrés, o Pontevedra Clube de Fútbol bota mán do mazo para a toma de decisións que marcarán, en gran medid [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 06 - 2006
[22/06/2006]/Tras un par de días de viaxe de negocios, o presidente do Pontevedra CF, Nino Mirón regresa a Pontevedra para retomar a negociación con Alberto Argibay. Tras varios días de reunións nos que finalmente non se deicidiu sobre a continuidade do adestrador pontevedrés, este venres presúmese como o día definitivo para saber se hai unha aposta firme polo proxecto de Argibay ou a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/06/2006]/O "culebrón" burocrático da reforma de Pasarón rematou. Alomenos no que se refire á licencia e adxudicación das obras. Así o recoñeceu a Deputación, que admite dispoñer xa de tódolos permisos necesarios, unha vez que o concello aprobou onte o proxecto modificado coas correccións en materia de seguridade esixidas pola Consellería de Xustiza.
Dende o goberno local, pol [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/06/2006]/O actual adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, e o ex adestrador granate, Aurelio Gay, que agora dirixe ó Real Xaén, son uns dos candidatos para dirixir ó Lorca a vindeira tempada. Trala fichaxe de Unai Emery polo Almería, o cadro lorquino esta barallando varias opcións entre as que se atopan Argibay e Aurelio Gay. Outras das opcións das que se falan son as de Manolo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/06/2006]/A conciencia deportiva de Nino Mirón non está tranquila. O seu lado sensible aínda non dixeriu o adeus de Raúl González, aquel técnico asturiano que cando se decatou de que os galos lle revolucionaran o corral presentou a súa dimisión. Para o dirixente foi un trago moi amargo do que acabou arrepentíndose. Raúl tamén era un adestrador entregado a súa profesión e a pesar da [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/06/2006]/A relación que Alberto Argibay tivo cos seus colaboradores máis directos non foi moi cordial. De feito, o doutor en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Luis Casais, está disposto a poñer condicións a súa continuidade como preparador físico do Pontevedra se Alberto Argibay segue como adestrador. Casais advirte que «tería que reaxustar con él moitos aspectos da nosa rel [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/06/2006]/Moitos seguen sen entender por qué se queda. Acaba de dar negativa a unha das mellores oportunidades da súa vida. Paradóxicamente, o fixo por amplitude de miras, por proxecto, por clube, por involucración. Pasou o tren de Tarragona unha vez, pero antes él quere acabar de construir o ferrocarril de Pontevedra, para que algún día poida ter parada en Primera. Agora solicita o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 06 - 2006
[21/06/2006]/Seguen chegando rumores e máis rumores sobre o posible interese de varios equipos por futbolistas do Pontevedra CF.
O tridente brasileño é o que máis interese levantou entre os equipos da Segunda División. A tempada que realizaron Yuri, Igor e Charles non pasou desapercibida para os conxuntos que militan na división de prata, aínda que de momento non chegou ningunha [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/06/2006]/O 31 de xaneiro, último día para que os clubes reforzasen as súas plantillas para a segunda volta da Liga, o Pontevedra recibía a nova de que a Real Sociedade freaba a saída do gardamallas do filial Mikel Saizar despois de que os clubes chegasen a un acordo.
Sen Mikel Saizar Soroa (Ibarra, Guipúzcoa, 18-01-1983), o Pontevedra víase obrigado a seguir loitando polo asc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/06/2006]/A renovación de Alberto Argibay continúa no aire e a cousa semella ir para longo porque a versión oficial do clube é que non haberá ningunha novidade ata o venres. Todo facía indicar que o tema ía quedar zanxado na tarde de onte, pero o certo é que as longas catro horas de reunión entre o técnico, o presidente Nino Mirón, o director xeral Elías Espiñeira e o tesoureiro Man [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 06 - 2006
[20/06/2006]/Son moitos os equipos da Segunda División que están interesados en Yuri, Igor e Charles, aínda que de momento só houbo un primeiro movemento non satisfactorio por parte CD Tenerife, equipo que preguntou pola situación actual de Yuri de Souza. Outro dos equipos que mostraron un gran interese por outro dos brasileños, Igor de Souza, foi o Cádiz, aínda que semella que o conxu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/06/2006]/Días despois de que Nasser comunicara o seu desexo por continuar no Pontevedra Clube de Fútbol, a directiva granate púxose en contacto co xogador para confirmarlle a súa intención de renovar o seu contrato.
A pesar de que Nasser conta con ofertas de varios equipos da Segunda "B" e da Liga Francesa, o mediocentro ten case garantida a súa presencia no conxunto granate [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:04  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/06/2006]/A oferta do Nástic polo director xeral do Pontevedra puido retrasar a decisión do presidente do clube granate sobre o futuro de Alberto Argibay.
Nino Mirón, facendo gala dunha gran cintura, precisou que no «momento no que me estás preguntando [pasadas as 8 da tarde] non sei qué decisión vou tomar» respecto ó técnico local.
Asume a gran división que hai entre os [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 06 - 2006
[19/06/2006]/Nino Mirón quixo volver a afirmar e a lembrar que os equipos que queiran a calqueira dos xogadores do Pontevedra deberán negociar con él para chegar a un posible acordo. O presidente do Pontevedra dixo que hai diferentes clubes que queren a Igor, Yuri e Charles e que de momento, só o Clube Deportivo Tenreife se dirixiu a él para preguntar pola situación de Yuri. Os últimos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 22:02  | Actualidade
Opinións (1)  | Enviar
[19/06/2006]/Elías Espiñeira comunicoulle esta tarde a Nino Mirón, na xuntanza que mantivo co presidente do Pontevedra, que seguirá na directiva granate. A pesar da importante oferta recibida polo Nástic de Tarragona para ser o director deportivo adxunto do conxunto tarraconense, que ven de conseguir o ascenso á máxima categoría, Elías Espiñeira decidiu seguir traballando xunto con Nin [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/06/2006]/O presidente do Pontevedra CF, Nino Mirón, e o adestrador do conxunto granate, Alberto Argibay, teñen previsto reunirse esta tarde para falar sobre o futuro do técnico pontevedrés e tomar unha decisión de cara a súa continuidade no banco do Pontevedra.
Haberá que agardar ata esta mesma tarde para saber se finalmente Alberto Argibay deixa o conxunto granate ou segue c [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:10  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/06/2006]/O Nástic de Tarragona, recén ascendido á máxima categoría do balompé nacional, ven a por Elías Espiñeira, director xeral do Pontevedra Clube de Fútbol.
Elías Espiñeira pasou a formar parte da entidade granate ó remate da tempada 2002-2003 en detrimento de Rafael Hernánz Angulo, que por aquel entón ocupaba a dirección xeral do clube. Elías, con anterioridade, tamén es [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 06 - 2006
[18/06/2006]/Os incidentes acontecidos ó remate do encontro entre o Pontevedra e o Sevilla "B" desencadearon a detención por parte das forzas da orden dun hincha local ó que o Comité Antiviolencia propúxolle unha sanción económica de 6.000 euros.
Segundo o acordo do citado comité, o xoven identificado pola policía provocou unha pelexa entre afeccionados á que tiveron que acudir v [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/06/2006]/Tralo ascenso conseguido polo Levante á Primeira División, o Pontevedra ingresará preto de 120.000 Euros por concepto de traspaso de Javí Rodríguez. O cadro levantinista xa pagara preto de 480.000 Euros para facerse cos servizos do dianteiro catalán, e comprometeráse no momento no que chegou a un acordo co Pontevedra a pagar 120.000 Euros máis se conseguía ascender de cate [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 12:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/06/2006]/A conta atrás para o arranque do II Campus Pontevedra Clube de Fútbol xa comezou. Tralo éxito do pasado ano, esta segunda edición espertou un gran interese entre tódolos pais, nai, nenos e nenas da cidade.
Esta iniciativa da entidade granate está a consolidarse co paso dos anos, o proxecto ilusiona e o obxectivo do mesmo non é outro que a promoción da práctica deport [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 12:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 06 - 2006
[17/06/2006]/O novo Pasarón superou onte outra proba ó obter o visto bo do Colexio de Arquitectos ás modificacións esixidas pola Xunta. Pero, agora, o proxecto pode
quedar durmido alomenos mes e medio máis nos despachos, ata comezos de agosto, á espera de completar os trámites burocráticos, segundo as estimacións da área de Urbanismo do Concello. A maioría destes trámites depende [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/06/2006]/Fontes municipais advertiron onte de que, a veces, as empresas tómanse un mes antes de poñerse máns á obra -en función do traballo que teñan en cada momento- polo que o prazo de espera para iniciar o estadio pode alongarse máis do previsto. Estas mesmas fontes negaron que o Concello teña afán algún de retrasar a obra -tal e como se apuntou dende a Deputación- e sinalaron q [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/06/2006]/A aposta do Pontevedra está claramente enfocada á continuidade do plantel de xogadores. Ademáis dos doce futbolistas que teñen contrato máis alá do trinta de xuño, dous renovados e a loita por facerse cos servizos de Igor de Souza, a entidade tentará conservar a algúns dos xogadores que remataban a súa relación contractual coa institución. Un deles é o lateral esquerdo Fra [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/06/2006]/O plantel de xogadores do Pontevedra despidiu na tarde de onte a tempada 2005-2006 cun partidiño en Pasarón ó que só faltaron Charles e Pablo Mannara e no que participaron os futbolistas granates que estiveron cedidos en distintos equipos. Nada máis concluir a sesión, Fede Bahón quixo deixar claro que o seu desexo é alcanzar un acordo para continuar na entidade e sacarse a [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:08  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/06/2006]/"Acábase isto e comeza outra cousa". Mauro deixa o fútbol. Xa anunciara a posibilidade de abandoar en pasadas datas. Sabíase que non ía continuar no Pontevedra. Onte confirmou que finalizaba para él a práctica do balompé a tódolos niveis. "Non vou seguir noutras categorías inferiores. Vou cambiar de vida totalmente".
O máis que se poderá ver ó futbolista moañés a pa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 12:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/06/2006]/O centrocampista francés Steven Cohen, no que segundo o seu representante estaba interesado o Pontevedra, asinou polo Racing de Ferrol para as vindeiras tres tempadas. Cohen, mediocentro sub-23 dunhas características similares ás de Patrick Vieira (tamén pode actuar no centro da zaga), foi nomeado como o mellor xogador dunha das mellores canteiras do fútbol francés, a do M [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 11:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 06 - 2006
[16/06/2006]/Nino Mirón decidiu ó respecto dos seu futuro no Pontevedra CF. Seguirá como presidente da entdade ata o mes de decembro, ata que conclúa o procesdo de Conversión en Sociedade Anónima de Deportiva. Despois produciráse un cambio. Se se leva a cabo a transformación, o directivo pontevedrés continuará. Se non se consegue, deixará o cargo e convocará eleccións, ás que non se pr [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:39  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/06/2006]/O Pontevedra faráse cos dereitos de Igor de Souza antes de que conclúa o mes, cando finaliza o prazo para que faga válida a opción de compra que ten sobre él. A entidade granate adquirirá ó Sporting de Braga os dereitos que posúe sobre o dianteiro brasileño para telo en propiedade nas vindeiras campañas. Falta por coñecer o número de tempadas polas que se producirá o acord [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:39  | Actualidade
Opinións (2)  | Enviar
[16/06/2006]/Un dos equipos que máis interese mostrara por Igor de Souza, o Cádiz, cambiou de opinión e ten case descartada intentar a súa fichaxe. Según publica hoxe o Diario de Cádiz, o técnico do conxunto gaditano, Oli, non ten tan claro que sexa o que necesita o seu equipo e declarou que non lle convence a súa fichaxe. Eran moi boas as referencias que chegaban de Igor, e tamén do s [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/06/2006]/Dende o Pontevedra estarán moi atentos para saber que fai mañá sábado o Levante. Se o cadro levantinista logra un empate ante o xa descendido Lleida, debería pagar preto de 120.000 Euros ó conxunto granate, tal e como acordaron ámbolos dous clubes tras chegar a un acordo para o traspaso de Javi Rodriguez. O Levante xa pagou 480.000 Euros por facerse cos servizos do diantei [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:38  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/06/2006]/A plantilla dispóñese a pasar páxina e asimilar, de distinta forma, o duro golpe que recibiu coa eliminación da fase de ascenso fronte ó Sevilla "B". Aínda que Alberto Argibay tíña previsto seguir traballando ata final de mes, ó final o clube optou por pechar un exercicio decepcionante que tivo, ademáis, un altísimo coste económico ó non xogarse a segunda eliminatoria cont [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 06 - 2006
[15/06/2006]/Os mediocentros Nasser e Organista confirmaron hoxe o seu desexo por continuar xogando no Pontevedra. Ámbolos dous xogadores chegaron a comezos desta tempada da mán de Alberto Argibay e confían en continuar no conxunto granate. Nasser Hakkar, que chegou procedente do Badaxoz, deixou claro que está a gusto e plantexaralle a Nino Mirón a súa continuidade. "Vou falar co clube [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:09  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/06/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol tentará manter na plantilla a dúas das súas pezas máis codiciadas. O clube granate pretende quedarse cos irmáns De Souza para a vindeira tempada. De feito, o diálogo co Sporting de Braga está avanzado para que a parella non se rompa, para que o maior da saga permaneza na cidade. O dianteiro descoñecía onte pola tarde cal ía ser o seu futuro, se [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/06/2006]/O centrocampista do Pontevedra Clube de Fútbol, Xose Luis Cabrera Cava, ten máis próxima a saída do clube que a súa permanencia. Remata contrato o vindeiro trinta de xuño, despois de tres tempadas vinculado a Pasarón, e agora tentará progresar en busca dunha ocasión para demostrar a súa valía na Segunda División. Iso sí, tampouco descarta a posibilidade de continuar. Iso é [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[15/06/2006]/O tempo aínda non curou as feridas. A imaxe de dor do presidente do Pontevedra Clube de Fútbol transmitiuse onte ós compoñentes da primeira plantilla granate no seu regreso ós adestramentos. Caras longas, pupilas chorosas, olleras de longa nocturnidade, palabras de incredulidade despois da derrota do play off; iso foi a dura volta ó traballo dos profesionais do balón e o c [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
14 - 06 - 2006
[14/06/2006]/Igor de Souza reviviu no Pontevedra. Desexaba volver a xogar ó carón do seu irmán Yuri e do seu curmán Charles. Ademáis, ignorado polo adestrador do Estrela Amadora, recuperou o autoestima dun xeito rápido en Pasarón: no seu debut ante o Celta "B" marcou os tres goles e a partir dese momento comezou a extenderse coma un regueiro de pólvora que o equipo granate tíña un magn [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/06/2006]/O gardamallas francés Nicolás Bonis ampliou o seu contrato co Pontevedra Clube de Fútbol por dúas tempadas máis, con opción á prórroga do contrato por outro ano máis.
Polo tanto, Bonis, que dende que se recuperou totalmente da súa lesión nunha mán foi titular indiscutible na portería do conxunto granate, seguirá pertencendo á disciplina do Pontevedra. Deste xeito, o [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/06/2006]/Os xogadores do Pontevedra volveron ó traballo esta mañá no estadio de Pasarón. No ambiente aínda permanecía a tristeza e desolación trala eliminación do play off de ascenso en máns do Sevilla "B".
Máis afectados se cabe, xogadores como Luciano ou Charles, que son dos máis queridos pola afección granate e que non puideron devolvérlle ese cariño cun ascenso.
O b [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[14/06/2006]/A base do plantel do Pontevedra Clube de Fútbol desta tempada ten contrato máis alá do 30 de xuño do 2006. Dez futbolistas conclúen relación contractual coa entidade, mentres que doce dos que finalizaron a tempada co colectivo teñen contrato en vigor. Ademáis, o clube manteñe o trato con tódolos homes cedidos no actual curso, Tachi, Alex Díaz e a fornada de rapaces cedidos [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:23  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
13 - 06 - 2006
[13/06/2006]/Os afeccionados do Pontevedra non esquecerán fácilmente o 11 de xuño do 2006. O 0-2 conquistado na Cidade Deportiva do Sevilla desatara a euforia entre os hinchas granates, que acudiron o domingo a Pasarón convencidos de que só unha hecatombe podería apartar ó equipo da pelexa definitiva polo ascenso. Nembargantes, a realidade volveu a demostrar que o fútbol é fútbol e a p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:41  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[13/06/2006]/"Estou nun momento de reflexión, sobre todo. Hai que deixar pasar dous ou tres días e, máis en frío, analizar a situación e ver o que imos facer". Nino Mirón recíbenos no seu despacho, visiblement