[29/07/2006]/Nino Mirón asegurou que a chegada de Filipe Machado deixa o plantel granate case pechado. O presidente confía en poder finiquitar o capítulo de fichaxes coa incorporación «dun medio centro importante que pode actuar pola banda dereita. Non se pode dicir o seu nome porque aínda quedan uns flecos por resolver, pero o seu equipo tamén é importante. É un gran profesional e con él prácticamente quedaría pechada a plantilla da vindeira tempada». O mandatario descartou que se tratara de David Fernández e asegurou que, pese ao que dí o xogador, non había actualmente negociacións con él.
Ao respecto limitouse a añadir que «todo bo futbolista interesa ao Pontevedra. Fai tres anos estivo na axenda do clube e agora que saíu publicado o seu nome igual imos a por él».
Ademáis, Nino Mirón recoñeceu que o Pontevedra realizará o esforzo de realizar unha última incorporación «se aparece un xogador bo, bonito e barato que ofreza cousas de futuro».
A Voz de Galicia