29 - 07 - 2006
[29/07/2006]/O Pontevedra disputou este sábado o primeiro amigable da súa pretempada. A pesar de que agora o resultado non é tan importante, o conxunto granate non deixou boas sensacións no seu debut xa que caíu derrotado por 3-1 ante o Coruxo no campo do Bao.
Na primeira metade, o Pontevedra formou con Saizar na porta; Ormazábal, Dumast, Vázquez e Jesús Leiro na líña defensiva; Nasser e Organista no dobre pivote; cunha líña de tres por diante formada por Charles, Yuri e Ruben Reyes, e con Tiago Belmonte na punta de ataque.
Tiago Belmonte sería o encargado de abrir o marcador; o brasileño adiantaba ao Pontevedra aos poucos minutos de que comezara o encontro, tras rematar coa testa un gran centro de Jesús Leiro dende a banada esquerda.
Con esta vantaxe mínima no marcador chegaríase ao descanso. Na segunda parte, tíveron a súa oportunidade outros xogadores do plantel granate como Bonis, Fredi, Luciano, Azparren, Fran Rico, Castaño, Humberto, Cuco, Hugo, Baptiste, Danilson ou Iván.
Con esta revolución na aliñación, o conxunto granate perdeu o equilibrio amosado no primeiro tempo sobre o campo e o Coruxo, que realizou unha gran segunda metade, daríalle a volta anotando tres goles, algún deles coa inestimable colaboración da zaga granate.
Nova engadida por JBA @ 22:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións