30 - 07 - 2006
[30/07/2006]/O Pontevedra pechou a fichaxe dunha xoven promesa do fútbol arxentino. Trátase de Víctor Manuel Ormazábal, un mediocentro de 21 anos que pode actuar no interior dereito ou incluso na mediapunta. O conxunto granate estivo a piques de incorporalo no mercado invernal da tempada 2004-2005 e no pasado verán, pero ao final o xogador deixou o Boca Juniors, o seu clube de toda a vida, para probar fortuna no fútbol israelí. Recalou no Maccabi Haifa, un dos equipos máis potentes do país hebreo. A súa estancia en Europa apenas durou tres meses. Viuse na obriga de rescindir o contrato ao estar aqueixado de fortes dores nas costas.
O xogador arxentino retornou a Bos Aires en outubro do 2005, onde continuou a súa recuperación. Volveu a pisar os terrenos de xogo en abril, pero só actuou no filial do Boca Juniors e en contadas ocasións.
Hai que destacar que Ormazábal comezou a xogar nas categorías inferiores de Boca aos nove anos e debutou co primeiro equipo o 6 de xullo do 2003 nun encontro contra o Rosario Central. Ese día, o equipo bonaerense aliñou a tódolos futbolistas de idade xuvenil porque tíñan asegurada a súa presencia na Copa Libertadores. Non foi un debut feliz porque Boca perdeu por un contundente 7-2. Na tempada 2004-2005 estivo ás ordes de Brindisi, ex técnico do RCD Español. Éste foi destituído aos pocos meses. O seu posto ocupouno Benítez, que contou con Ormazábal. O xoven centrocampista xogou un total de 25 encontros oficiais. Iso sí, a maior parte deles saíu dende o banquillo.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 15:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións