30 - 07 - 2006
[30/07/2006]/O defensa central Aitor Díaz xa se atopa en Murcia adestrando co filial do Real Murcia, equipo no que militará en calidade de cedido durante a vindeira tempada.
O zagueiro non adestrou durante os últimos días co resto do plantel xa que estaba a negociar o seu pase ao conxunto "pimentonero", feito que finalmente se producíu. Nun principio, Aitor Díaz xogará en calidade de cedido no conxunto da Terceira División aínda que se descoñece se finalmente se incluíu unha opción de compra no contrato do traspaso.
Asimesmo, Aitor Díaz podería ter a súa oportunidade co primeiro equipo ao longo da tempada e disputar algúns minutos na Segunda División.
Nova engadida por JBA @ 15:25  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións