[30/07/2006]/O Pontevedra derrotou por 0-2 ao Portonovo no amigable disputado esta tarde en Baltar. O conxunto granate formou de inicio con Bonis na porta; Fredi, Dumast, Vázquez e Jesús Leiro na líña defensiva; con Fran Rico, Organista e Nasser no centro do campo; Charles e Yuri xogaron polas bandas, e Tiago Belmonte na dianteira.
No primeiro tempo, o Pontevedra tivo o control do esférico e apenas pasou perigo. O dominio no centro do campo era claro aínda que as accións en ataque chegaron en contagotas. O primeiro gol do encontro chegaría pouco antes de que se cumpríra o 45'. Boa combinación entre Yuri e Charles e éste deixalle o balón ao seu curmán de tacón na frontal do área para que, de tiro axustado ao pao, anote o primeiro gol.
No segundo tempo, o equipo sería totalmente novo: Saizar, Ormazábal, Luciano, Azparren, Machado, Castaño, Cuco, Rubén Reyes, Baptiste, Danilson e Hugo (Iván tamén tería máis tarde a súa oportunidade).
A tónica do encontro seguía a ser a mesma, ainda que o Portonovo apareceu máis en ataque, chegando incluso a estrelar un balón contra a madeira aos poucos minutos da reanudación.
A réplica do Pontevedera chegaría pouco despois tras unha xogada de Organista, o mediocentro cedíalle o balón a Baptiste, que a piques estaría de anotar o segundo gol tras intentar unha vaselina; o balón saíu repelido polo pao. Nembargantes, o mediapunta francés atoparía o seu premio minutos máis tarde, cando no 65' recollía un centro dentro do área a anotaba o segundo e definitivo gol do Pontevedra.
Ademáis do debut de Machado, hai que salientar a presencia no palco da nova fichaxe granate, o arxentino Victor Ormazábal, que presenciou o encontro xunto a Nino Mirón e Javi Rico.