[31/07/2006]/O Pontevedra deixou no olvido a amarga estrea de pretempada cun inapelable triunfo sobre un voluntarioso Portonovo que nunca se deu por vencido, pero que tivo que rendirse ante a evidencia da súa inferioridade técnica. Ao igual que ante o Coruxo, Alberto Argibay dispuso a dous equipos completamente diferentes que ofreceron unha cara tamén moi distinta.
No once inicial repetiu Jesús, que volveu a cumprir no lateral esquerdo, mentres que Fredi, outro canteirán ocupouse de tapar as incursións locais por banda dereita. Éste foi un dos destacados do período inicial. De feito, unha boa acción súa estivo a piques de servir para abrir o marcador. Nembargantes, o seu centro rematouno Tiago Belmonte coa testa mansamente ás máns de Rafa Muradas. Corría o minuto trinta e tres minutos de partido. De inmediato, o propio Fredi volveu a gañar a líña de fondo para poñer outro gran centro á cabeza de Nasser. O remate marchou fora por moi poco.
Na seguinte acción chegou o 0-1. Foi unha xogada de tiralíñas que arrancou numerosos aplausos dos afeccionados desprazados dende Pontevedra. Jesús tocou para Charles e éste deixou o esférico de tacón a Yuri que, de forte disparo a media altura, fixo inútil a estirada de Muradás. Todo un golazo.
O espectáculo gañou moitos enteiros na segunda metade e puido verse ao Pontevedra solto do duelo co Coruxo. O curioso é que foi o Portonovo o que comezou achuchando e incluso puido igualar o encontro cun par de accións de Antonio. Na primeira revolveuse dentro do área e soltou un zambombazo que obrigou a lucirse a Saizar e uns segundos máis tarde recolleu un balón solto dentro do área que enviou ao longueiro. Só trancorreran dous minutos da segunda metade e iso facía entrever que podía haber partido. Non obstante, non foi máis ca un espellismo porque o Pontevedra afogou ao conxunto local e non lle deu máis concesións.
O conxunto granate puido encarrilar o encontro no minuto 50 nunha brillante acción de Baptiste que merecía o tanto. O francés enviou unha medida vaselina á escadra e Hugo, con toda a porta para él, empurrou o rexeite fora. O 0-2 chegou aos 65 minutos. Cuco centrou, Azparren peiteou o balón ao segundo pao e Baptiste, sen oposición, fusilou a Muradás cun disparo cruzado. A partir de aquí, o Pontevedra desmelenouse e estivo a piques de redondear unha goleada.
Para comezar, Hugo realizou unha boa xogada, foise de dous contrarios e adentrouse no área local, pero o seu centro atrás non atopou rematador. A continuación, Rubén recolleu un balón na frontal e puxo a proba os reflexos de Muradás e aos 77 minutos unha parede entre Danilson e o propio Reyes concluíu cun disparo deste que marchou rozando o pao. Foi o último gran cartucho do equipo pontevedrés.
Hai que destacar que neste duelo debutou a penúltima fichaxe do equipo, Machado, que mostrou un par de destellos da súa calidade na banda esquerda. Disputou algo máis de media hora e, como é lóxico, a medida que transcorreron os minutos foi atopándose máis cómodo sobre o terreo de xogo. Mentras, Cuco, o interior dereito que está a proba, volveu pasar desapercibido. Nesta ocasión xogou na posición de mediocentro. Da a impresión de que terá que mellorar moito para poder convencer a Alberto Argibay.
Igor de Souza, por segundo encontro consecutivo, quedou sen xogar un só minuto, algo que tampouco debe estranar demasiado porque debido ao seu enlace matrimonial reincorporouse aos adestramentos máis tarde que a meirande parte dos seus compañeiros.
A Voz de Galicia