[31/07/2006]/Finalmente, a expedición granate partirá mañá martes cara Melgaço e non hoxe, tal e como estaba previsto dende un principio.
Alberto Argibay optou por retrasar un día o inicio da concetración no Centro de Estagios de Melgaço. O adestrador granate facilitará hoxe a lista de xogadores que viaxarán xunto ao corpo técnico cara terras portuguesas e que permanecerán concentrados ata o 9 de agosto. Haberá que estar atentos para saber cales son os xuveniles que finalmente seguen adestrando co primeiro plantel.
Durante a súa estancia en Melgaço, o Pontevedra tamén disputará varios amigables: contra o Varzim (sábado 5 de agosto), contra o Cultural de Areas no campo da Lomba (domingo 6 de agosto) e contra o Desportivo Chaves (mércores 9 de agosto).