29 - 08 - 2006
[29/08/2006]/O canteirán Fran Rico non formará parte da expedición granate que esta mesma mañá parte cara a capital de España para enfrontarse mañá ao Raio Vallecano na Copa do Rei. O mediocentro de Portonovo, que durante o ensaio matutino de onte sufriu un pequeno pinchazo ao intentar executar un lanzamento de falta, admite que "non creo que non vaia convocado por iso por que para o mércores podería estar perfectamente. Aínda así hai máis compañeiros que poden xogar e van a facelo ben". Asimesmo, e con respecto ao seu debut na nova tempada, Fran destacou que "estou moi contento porque en Ferrol puiden xogar durante os últimos cinco minutos e ante un rival directo". A pesar de que foron tan só cinco minutos os que xogou na Malata, o centrocampista granate cuaxou unha gran actuación, recibindo os eloxios dos afeccionados e tamén da prensa de Ferrol. "Os eloxios lévanse ben. A calqueira lle gusta que o eloxien aínda que tamén estou preparado para as cousas vaian mal. Mentras saia todo ben, encantado porque polo de agora todo é moi bonito".

Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 14:09  | Actualidade
Opinións (2)  | Enviar
Opinións
Nova engadida por Convidado
14 - 11 - 2007 | 22:54
DemonioFlashSonrisaArdiendofran rico estas como un tren
Nova engadida por Convidado
13 - 01 - 2008 | 19:10
SonrisaGuiñoFumadorChicaAngelitoVacilando Fran Rico sts buenisimo, y komo t digo siempre e ls sms k t mando x movil "nunka t olvidaré" bks tkm