30 - 08 - 2006
[30/08/2006]/O adestrador do Raio Vallecano, Pepe Mel, facilitou a lista de convocados para o encontro da Copa do Rei que disputará mañá o conxunto madrileño contra o Pontevedra. A inclusión do canteirán David Alba no lugar de Armentano é a única novidade que presenta a convocatoria de Pepe Mel (con respecto ao encontro da primeira xornada de liga contra o Puertollano) para o encontro copeiro. A lista de 16 xogadores está formada polos gardamallas Alberto e Javi Muñoz, ademáis de Alba, Albiol, Amaya, Baquero, Coke, Collantes, Cubillo, Diego Torres, Enguix, Llorens, Mauri, Míchel, Yuma e Zazo.
Precisamente David Alba comentaba con respecto ao encontro deste mércores que "pode servir para moito porque se conseguimos gañar, cun bo resultado e facer un bo xogo aquí coa nosa xente sí podemos borrar a mala sensación do domingo pasado. Ademáis é un rival punteiro da categoría, como o Pontevedra, que axuda a motivarse e a que saiamos dende o principio a facer as cousas moi ben. Sabemos que a eliminatoria é a un único encontro e que non vale especular nin tampouco valen as medias tintas. Hai que saír a gañar o encontro dende o principio". Segundo o canteirán do Raio Vallecano, que o adversario sexa un rival forte "axuda a poñerte as pilas dende o principio e saber que vai ser un equipo que vai estar arriba contigo ata o final na Liga e que veña tan cedo despois do encontro do domingo axuda un pouco a evadirte das malas sensacións".
Nova engadida por JBA @ 3:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións