[30/08/2006]/Alberto Argibay introducirá varios trocos no once inicial con respecto ao equipo que saíu de inicio o pasado sábado contra o Racing de Ferrol na Malata. Segundo ensaiou na sesión de adestramento que o conxunto granate levou a cabo este martes na Cidade do Fútbol das Rozas, tanto Azparren como Rubén Reyes e Humberto, que non entraron na convocatoria para o encontro do pasado sábado, recuperarían o seu posto no once titular. Azparren e Humberto ocuparían os postos dos non convocados, Vázquez e Organista. Pola súa parte, Rubén Reyes actuaría na media punta, aínda que de momento non se sabe cal será o xogador que lle deixe o posto ao asturiano.
Ademáis destes tres trocos, Argibay podería optar por facer algunha outra modificación no equipo titular, xa que homes como Saizar ou Luciano, que na pretempada tamén contaron coa confianza do técnico pontevedrés, poderían disputar os seus primeiros minutos da tempada en competición oficial co Pontevedra CF.