30 - 08 - 2006
[30/08/2006]/O estadio Teresa Rivero será testigo do duelo de maior relevancia dos que se disputan esta noite na primeira eliminatoria da Copa do Rei (21.00 horas). O bombo emparellou ao Pontevedra co Raio Vallecano coa vantaxe para os madrileños de xogarse a partido único e no seu terreo de xogo.
O Pontevedra, nembargantes, chega a este encontro cun mellor estado anímico trala súa victoria na Malata ante o Racing de Ferrol, equipo que, xunto ao de Vallecas, é claro candidato á loita polo ascenso á Segunda División.
O debut de Pepe Mel no banquiño non foi nada gratificante para unha afección á que lle urxe abandoar este pozo e que non lle perdoaría unha segunda derrota consecutiva en Vallecas.
E é que o tropezo contra o Puertollano do domingo pódese interpretar, cun pouco de esforzo, coma un accidente. Pero o Raio non pode fallar contra o Pontevedra se quere evitar que unha parte da afección comeze a darlle as costas.
Os granates son conscientes de que o ambiente pode acabar séndolles favorable. Só necesitarán controlar o ímpetu co que os madrileños saltarán ao terreo de xogo e aproveitar o contragolpe para que comezen a soar as alarmas en Vallecas.

Demasiado en xogo

Ao decidirse a eliminatoria a partido único non haberá marxe para rectificar. Quen saia favorito estará un pouco máis preto dos equipos da Primeira División. O perdedor accederá a unha competición de terceiro nivel como é a Copa Federación. Será algo así como poder seguir xogando á primitiva ou rachar definitivamente o boleto co consulo de que haberá que agardar outro ano para ter outra oportunidade.
Alberto Argibay someteu onte aos seus futbolistas a un adestramento na Cidade do Fútbol das Rozas. Tras chegar a media tarde a Madrid, a plantilla merendou e pouco despois púxose a roupa de traballo para estirar os músculos despois do desprazamento en autobús. Non houbo ningún contratempo na sesión.
O técnico volveu a levarse a dezasete xogadores por se se producise algún contratempo. Ninguén dubida de que, a pesar da entidade do rival, pasarán á segunda eliminatoria.


A Voz de Galicia
Nova engadida por Desconocido @ 14:15  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións