30 - 08 - 2006
[30/08/2006]/Ao igual que na pasada tempada, o Pontevedra CF volveu a quedar eliminado na primeira ronda da Copa do Rei. Tal e como acontecera o ano pasado contra o Hospitalet, o conxunto granate deixou unha mala imaxe, sobre todo nos primeiros corenta e cinco minutos, nos que o Raio Vallecano foi un superior en tódalas facetas do xogo e aproveitou os erros que cometeu o Pontevedra en defensa e que foron claves para decantar o encontro da parte do conxunto vallecano.
Comezaron mal as cousas para os intereses do Pontevedra, que no minuto 3 recibía o primeiro gol (obra de Collantes) e no minuto 6 encaixaba o segundo, obra de Michel, ámbolos dous tras un erro de Saizar no blocaxe do coiro.
Con esta desvantaxe no marcador, o Pontevedra quedou fóra do encontro mentras que o Raio Vallecano aproveitou que o seu rival estaba K.O. para ampliar diferencias. O recén chegado Diego Torres anotaría o terceiro e o cuarto gol tras dous erros da zaga granate.
Con este 4-0, a segunda parte sobraba e como era de agardar, apenas tivo historia. O Raio tentou sen éxito aproveitar os contragolpes mentres que o Pontevedra, que reaccionou (aínda que moi tarde), logrou deixar outra imaxe durante a segunda metade. O único gol granate chegaría no minuto 85, obra de Tiago Belmonte.
Ao final, 4-1 e o Pontevedra que deberá pasar páxina e pensar xa no que verdadeiramente importa: a Liga.
O domingo o Lugo será o que debe pagar os pratos rotos.


FICHA DO ENCONTRO

-Raio Vallecano: Javi Muñoz, Coke, Amaya, Baquero, Amaya, Llorens, Miguel Albiol, Zazo, Enguix (Yuma), Collantes (Cubillo), Míchel (Alba) e Diego Torres.
-Pontevedra: Saizar, Luciano, Baggio, Azparren, Filipe, Víctor, Nasser, Yuri, Dumast (Humberto), Rubén Reyes (Charles) e Igor (Tiago Belmonte).
-Colexiado: Fernández López (Ben).
-Goles: 1-0 (min.3), Collantes. 2-0 (min.7), Michel. 3-0 (min.31), Diego Torres. 4-0 (min.36), Diego Torres. 4-1 (min.85), Tiago Belmonte.
Nova engadida por JBA @ 22:53  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións