29 - 09 - 2006
[29/09/2006]/A enfermería do Pontevedra foise vaciando paulatinamente. E esa é unha gran nova para Alberto Argibay porque fai unhas semanas tíña que elexir aos dezaseis convocados entre un ramillete de futbolistas máis reducido. Non hai que esquecer que o equipo granate preparou o partido de fai dúas xornadas co Fuenlabrada en Pasarón coa seria dúbida de Humberto Soares e de Charles, que mancárase ante o Celta na Copa Xunta. Ademáis, Rubén Reyes seguía entre algodóns e as opcións na zona de creación eran máis limitadas.
Agora, quince días despois e a non ser que se torzan as cousas nas últimas sesións de adestramento, o técnico pode botar mán de vinteún dos vintecatro xogadores da plantilla para afrontar o importante partido deste domingo contra o Atlético de Madrid B. Tiago Belmonte é o único futbolista que non está en condicións de enfrontarse ao conxunto colchonero, pero todo fai indicar que o seu regreso aos terreos de xogo está moi próximo porque xa realiza carreira continua. Pronto reincorporaráse ao grupo.


Árbitro de grato recordo

Por outra parte, hai que destacar que o partido do domingo co Atlético B será dirixido polo colexiado zamorano Pedro Arenal Gómez co que lle foi bastante ben ao Pontevedra en Pasarón. De feito, o equipo granate goleou á Real Sociedad B por 5-1 con Gay no banquiño en decembro do 2003 e o ano pasado foi o Pájara o que saíu derrotado por 2-0.
Mención especial merece o feito de que este colexiado xa debutou na Primeira División como cuarto árbitro. Participou o ano pasado nun Zaragoza-Getafe, xogado na Romareda. Asimesmo, estivo presente na catedral do fútbol español no Athletic de Bilbao-Mallorca. Estes datos non fan máis ca indicar que se trata dun colexiado de futuro ao que pronto se lle poderá ver nunha categoría superior.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións