29 - 09 - 2006
[29/09/2006]/Maicon Junior Baggio, a última fichaxe que chegou ao Pontevedra esta tempada, síntese feliz coa titularidade: «Cando vin para aquí o meu pensamento era xogar, aínda que sabía que ía atoparme con xogadores de gran nivel, se ben eu sabía das miñas cualidades».
Entende que haber recibido catro goles en cinco partidos é unha boa bagaxe e lembra que «os dous co Talavera foron falta de atención». Destaca tamén que no último partido, ante o Leganés, o equipo «atopouse moi ben».
Considera «moi difícil» o partido do domingo contra os roxiblancos. «O Atlético é un equipo grande do fútbol español e ten xogadores no seu segundo equipo con moito potencial, boas condicións, e esperamos prevalecer sobre eles». «A ver se neste partido podemos colocar un ritmo forte de xogo para alcanzar a victoria. Gústame máis xogar con tres centrais porque da máis seguridade á defensa», sinalou.

A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións