[29/09/2006]/Nos sete goles que había encaixado o Pontevedra a pasada tempada quizáis tivese algunha influencia a ausencia de Bonis por lesión. O francés achaca a rebaixa de goles a «un bo traballo da defensa en xeral, xa que xogamos moi ben e xuntos para non dar espazos á dianteira».
«Por iso temos menos goles en contra», matiza o galo, quen reitera que «temos unha boa defensa, con bos xogadores individuais, somos moi fortes e moi agresivos na disputa do balón».
A victoria en Leganés levantoulle a moral aos granates. Bonis di que foi «un bo resultado e agora hai que seguir neste camiño, polo que espero que co traballo que fixemos esta semana imos gañar outra vez o domingo». Recoñece que tivo pouco traballo co Atlético B o ano pasado e cre que «se podemos facerlle outra vez os seis goles, mellor, senón vou facer todo o posible para que eles non marquen».
A Voz de Galicia