[29/09/2006]/O 'pistoleiro' Igor regresa coa caña preparada. O ariete brasileño do Pontevedra non estivo en Butarque debido ao encontro de sanción tras ser expulsado contra o Fuenlabrada. O futbolista granate está convencido de que o domingo o equipo sumará os tres puntos. "Estou contento por poder volver ao equipo e espero poder aportar algo para que o bloque gañe. Para min é malo estar parado aínda que non puiden facer nada para evitalo. Agora síntome mellor fisicamente e preparado para o domingo. Levamos moitos encontros sen marcar na casa e temos que seguir creando oportunidades. Seguro que vou marcar". Igor, asimesmo, destaca que o encontro do domingo non terá nada que ver co acontecido na tempada pasada cando o Pontevedra endosoulle media ducia de goles aos roxiblancos. "Cada encontro é unha historia. Vai ser un encontro diferente ao do ano pasado. Sempre queremos marcar canto antes. Tal e como está a situación, seguro que se marcamos nos primeiros minutos do encontro ou na primeira metade, as cousas serán máis fáciles". Finalmente, Igor falou da afección. "Seguro que estará co equipo".
Diario de Pontevedra