30 - 09 - 2006
[30/09/2006]/O Pontevedra disputará tres dos catro vindeiros encontros no Estadio Municipal de Pasarón. Unha boa oportunidade para instalarse na cabeza da táboa clasificatoria, pois co apoio do seu público debe resolver victorioso os encontros fronte ao Atlético de Madrid B, Racing de Santander B e Lanzarote. En medio, concretamente trala visita dos atléticos, o conxunto granate ten unha saída a Vigo, onde tamén debe ser clave o apoio da hinchada, que sempre adoita acudir en maior número ca a celeste a estes choques en terras olívicas. En definitiva, ir encarrilando o obxectivo marcado de xogar a fase de ascenso pasa por facerse fortes en Pasarón. E que mellor oportunidade que nestes próximos partidos.


Web Oficial do Pontevedra CF
Nova engadida por JBA @ 4:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións