30 - 09 - 2006
[30/09/2006]/Charles ameaza con reeditar ante o Atlético de Madrid B o acerto goleador que exhibiu o ano pasado. O mediapunta de Belem logrou tres dianas fronte aos cachorros no pasado curso e mañá está disposto a estrearse coma goleador contra o cadro madrileño.
Corría o minuto 86 de xogo no Cerro do Espino. A integridade do Pontevedra como favorito estaba en entredito. O cadro granate perdía por 1-0. Entón apareceu Montenegro, trazou un centro medido dende a dereita e no segundo pao apareceu o salvador. Charles empalmou un remate perfecto que sorprendeu ao gardamallas do Atlético B. Logrou o empate granate nun terreo de xogo frío e compricado. Aquel día especializouse no filial roxiblanco.
No partido de volta, outros dous acertos. Aquelo foi máis sinxelo. Por 6-0 derrotaron os de Argibay aos de Sosa Espinel.
Con todo, as cousas agora cambiaron notablemente. O propio protagonista admite que o rival poñerá unha dura oposición. "Non me fío. Eu creo que van pecharse para compricarnos".
O brasileño entende que "a maioría dos conxuntos que chegan a Pasarón intentan meterse atrás e aproveitar a ocasión que se lles plantexa".
Aínda así, e tendo en conta o complexo momento polo que pasa o Pontevedra, advirte que a goleada do pasado campionato en Pasarón non está descartada. "Difícil é, pero non imposible. Temos equipo para logralo. Pero o primeiro é a victoria e despois todo o que veña", asevera.
En calqueira caso, o momento do Pontevedra non é o máis brillante. Charles lembra que "o ano pasado, a estas alturas, tamén vivíase unha situación semellante. Dicíase que non íamos facer goles. É cedo para falar de cando veráse ao Pontevedra que queremos", anticipa, solicitando paciencia.


Diario de Pontevedra
Nova engadida por JBA @ 4:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións