[30/09/2006]/O primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol levou a cabo esta mañá nas instalacións do Príncipe Felipe a derradeira sesión de adestramento previa ao encontro que o conxunto granate disputará este domingo en Pasarón a partir das 17 horas contra o Atlético de Madrid B. O técnico pontevedrés decidiu convocar a tódolos xogadores que ten a súa disposición: Bonis, Saizar, Luciano, Asier Ormazábal, Dumast, Baggio, Vázquez, Filipe Machado, Nasser, Organista, Rubén Reyes, Humberto, Fran Rico, Victor Ormazábal, Charles, Baptiste, Yuri e Igor de Souza.
O único futbolista que quedou fóra é o dianteiro brasileño Tiago Belmonte, que está xa na recta final da fase de recuperación da súa lesión.
Polo tanto, Argibay deberá facer varios descarte nos intres previos ao inicio do encontro contra o conxunto roxiblanco.