[30/09/2006]/O Atlético B viaxou na mañá de hoxe cara Pontevedra en autocar onde realizou esta tarde a derradeira sesión de adestramento da semana no Príncipe Felipe.
Sosa Espinel viaxou con 16 xogadores ata terras galegas, quedando en Madrid Jacobo e Adrián Pollo, lesionados, e por decisión técnica Monasterio, Marcelino e Borja.
A lista de convocados está formada por Galán, Roberto, Kili, David Fernández, Raúl Llorente, Marcos Martín, Rives, Regalón, Vara, Matías, Víctor Bravo, Miguel Ramos, Rufino, David Rodríguez, Ballesteros e Batres.
O adestrador roxiblanco indicou que o seu equipo non ten afán de revancha polo 6-0 da tempada pasada en Pasarón. "Non podemos pensar nese partido porque foi un accidente. Traballamos sen pensar no pasado e o equipo está ben. Estamos doídos polos últimos resultados pero o equipo está motivado e confiado en facer un bo partido e sacar algo positivo. Chegamos a Pontevedra pensando en rendir ao máximo nivel para obter un bo resultado".
Web Oficial do Atletico de Madrid