30 - 09 - 2006
[30/09/2006]/O Atlético B viaxou na mañá de hoxe cara Pontevedra en autocar onde realizou esta tarde a derradeira sesión de adestramento da semana no Príncipe Felipe.
Sosa Espinel viaxou con 16 xogadores ata terras galegas, quedando en Madrid Jacobo e Adrián Pollo, lesionados, e por decisión técnica Monasterio, Marcelino e Borja.
A lista de convocados está formada por Galá [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/09/2006]/O primeiro plantel do Pontevedra Clube de Fútbol levou a cabo esta mañá nas instalacións do Príncipe Felipe a derradeira sesión de adestramento previa ao encontro que o conxunto granate disputará este domingo en Pasarón a partir das 17 horas contra o Atlético de Madrid B. O técnico pontevedrés decidiu convocar a tódolos xogadores que ten a súa disposición: Bonis, Saizar, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/09/2006]/Charles ameaza con reeditar ante o Atlético de Madrid B o acerto goleador que exhibiu o ano pasado. O mediapunta de Belem logrou tres dianas fronte aos cachorros no pasado curso e mañá está disposto a estrearse coma goleador contra o cadro madrileño.
Corría o minuto 86 de xogo no Cerro do Espino. A integridade do Pontevedra como favorito estaba en entredito. O cadro [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 4:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[30/09/2006]/O Pontevedra disputará tres dos catro vindeiros encontros no Estadio Municipal de Pasarón. Unha boa oportunidade para instalarse na cabeza da táboa clasificatoria, pois co apoio do seu público debe resolver victorioso os encontros fronte ao Atlético de Madrid B, Racing de Santander B e Lanzarote. En medio, concretamente trala visita dos atléticos, o conxunto granate ten u [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 4:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
29 - 09 - 2006
[29/09/2006]/O 'pistoleiro' Igor regresa coa caña preparada. O ariete brasileño do Pontevedra non estivo en Butarque debido ao encontro de sanción tras ser expulsado contra o Fuenlabrada. O futbolista granate está convencido de que o domingo o equipo sumará os tres puntos. "Estou contento por poder volver ao equipo e espero poder aportar algo para que o bloque gañe. Para min é malo es [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:00  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/09/2006]/A enfermería do Pontevedra foise vaciando paulatinamente. E esa é unha gran nova para Alberto Argibay porque fai unhas semanas tíña que elexir aos dezaseis convocados entre un ramillete de futbolistas máis reducido. Non hai que esquecer que o equipo granate preparou o partido de fai dúas xornadas co Fuenlabrada en Pasarón coa seria dúbida de Humberto Soares e de Charles, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/09/2006]/Aínda que moi lonxe xa da bagaxe que obtivo o Universidade nas cinco primeiras xornadas de Liga, o Pontevedra presenta uns números bastante mellores ca os da pasada campaña, na que ao final expuso uns credenciais impresionantes: 70 goles a favor e 30 en contra.
Mentras o líder canario destapouse cos seus 10 goles a favor e só un en contra, os granates están nestes i [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/09/2006]/Nos sete goles que había encaixado o Pontevedra a pasada tempada quizáis tivese algunha influencia a ausencia de Bonis por lesión. O francés achaca a rebaixa de goles a «un bo traballo da defensa en xeral, xa que xogamos moi ben e xuntos para non dar espazos á dianteira».
«Por iso temos menos goles en contra», matiza o galo, quen reitera que «temos unha boa defensa, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[29/09/2006]/Maicon Junior Baggio, a última fichaxe que chegou ao Pontevedra esta tempada, síntese feliz coa titularidade: «Cando vin para aquí o meu pensamento era xogar, aínda que sabía que ía atoparme con xogadores de gran nivel, se ben eu sabía das miñas cualidades».
Entende que haber recibido catro goles en cinco partidos é unha boa bagaxe e lembra que «os dous co Talavera [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:49  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
28 - 09 - 2006
[28/09/2006]/O Pontevedra atopou o domingo pasado en Butarque a solución aos seus males cun sistema de xogo que xa lle deu excelentes resultados noutros anos: o 1-3-4-3 no que destaca que a líña defensiva está formada por tres centrais, dous carrileiros con moito percorrido, dous mediocentros e tres homes en ataque.
Con este plantexamento táctico o Pontevedra gañoulle o domingo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/09/2006]/O Pontevedra enfróntase a súa gran reválida, á incertidume, ao seu campo de xogo. O cadro granate disputará o domingo (17.00 horas) o seu terceiro partido da tempada como local, fronte ao Atlético de Madrid B. A dúbida sobre a resposta da xente despois do triunfo de Leganés e a continuidade de Alberto Argibay no banquiño pontevedrés crea unha situación psicolóxicamente co [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/09/2006]/Asier Ormazábal afronta a súa segunda campaña como granate, tras recalar no noso Clube o pasado mes de xaneiro para axudar ao equipo na segunda volta do campionato ligueiro. Cun maior coñecemento do Pontevedra e a cidade, o lateral diestro afronta cunha maior seguridade nas súas posibilidades a presente tempada. Polo de agora está disfrutando de máis minutos, aínda que no [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[28/09/2006]/Os principios de tempada dos filiais adoita ser o máis duro para os adestradores que os dirixen. Sosa Espinel afronta a súa segunda tempada no Atlético de Madrid B e faino cunha plantilla prácticamente nova. A súa estrela, Manu del Moral, defende agora a camisola do Xetafe.
As lesións tiveron tamén moito que ver neste irregular arranque do filial roxiblanco. Sosa qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
27 - 09 - 2006
[27/09/2006]/Seguir sendo xogador do filial do Atlético de Madrid e plantexarse o partido do domingo contra o Pontevedra debe resultar un tanto desconcertante. E é que se aos roxiblancos xa non lle van nada ben as cousas coas tres últimas derrotas consecutivas recibidas -ante o Leganés, Racing de Santander B e Celta B- se lle añade o 6-0 da tempada pasada no estadio de Pasarón, result [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:59  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/09/2006]/Rubén Reyes foi un dos grandes protagonistas do triunfo do Pontevedra en Butarque. O asturiano regresou ao equipo despois dunha ausencia de varias semanas por lesión e exerceu de revulsivo. Coma é lóxico, está satisfeito co seu rendemento. «A verdade é que estou contento coa miña actuación. Saín ao campo tranquilo e atopeime ben pese a que comecei tirado á izquierda. Pouc [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/09/2006]/A directiva do Pontevedra decidiu poñer á venda entradas para a grada de Preferencia ao existir moitos ocos valeiros nos anteriores encontros xogados polo equipo en Pasarón. O feito de que algúns abonados non retirasen aínda os seus carnés, obriga ao clube a reordenar o aforo.
Presenciar o encontro contra o Atlético B dende esta grada custará 18 euros para os sénior [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[27/09/2006]/Alejandro Vázquez, capitán do Pontevedra, reivindica a profesionalidade de tódolos seus compañeiros de equipo. A victoria contra o Leganés supón para o central de Xixón a proba de que os futbolistas do primeiro equipo están á altura das circunstancias e respectan ao clube que lles paga por riba de todo, á marxe de dúbidas sobre o adestrador, ambientes controvertidos ou mo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:14  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
26 - 09 - 2006
[26/09/2006]/A pesar da crise, da eliminación de Copa, da mala imaxe ofrecida, dos panos brancos nas gradas, dos apupos en Pasarón, das dúbidas sobre o banquiño, o Pontevedra sobreviviu estadísticamente ao inicio do actual campionato.
O bloque granate suma oito puntos en cinco encontros, dous máis ca na pasada campaña a estas alturas. E é que o cadro de Argibay totalizaba seis [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/09/2006]/Tras disfrutar dun día de descanso, os xogadores do Pontevedra Clube de Fútbol regresarán este martes aos adestramentos para comezar a pensar xa no vindeiro encontro de liga, que se disputará o vindeiro domingo 1 de Outubro ás 17 horas en Pasarón, contra o Atlético de Madrid "B".
Agárdase unha semana máis tranquila no entorno do conxunto granate trala victoria do do [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[26/09/2006]/Catro xogadores do Atlético de Madrid B, vindeiro rival en liga do Pontevedra, adestraron co primeiro plantel do conxunto madrileño na sesión de traballo que realizou este luns o equipo que dirixe Javier Aguirre. Ballesteros, Galán, Marcos Martín e Matías participaron en tódolos exercicios que planificou o corpo técnico e acabaron xogando un partidiño ao ancho do terreo d [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
25 - 09 - 2006
[25/09/2006]/Gran victoria do Pontevedra en Butarque, despois de tres encontros consecutivos sen gañar e un arranque ligueiro un tanto irregular, mentras que os locais coseitaron a súa primeira derrota no que levamos de tempada. Os pupilos de Argibay dominaron durante a meirande parte do partido, aínda que os últimos quince minutos do Leganés en cada tempo ben houberan merecido algún [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/09/2006]/Todo bo afeccionado ao fútbol acude cada domingo ao estadio coa ilusión de ver ao seu equipo gañar e en última instancia agarda que xogue ben. As veces é ao revés, e a afección confía máis no bo xogo, á marxe do resultado. Esa é a maxia do fútbol: moitas veces unha victoria ou unha derrota é a que fai que o afeccionado marche contento ou non para a súa casa, que o vento s [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:46  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/09/2006]/Coa victoria ante o Leganés, o adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, sobre o cal esta semana especulouse moito sobre a súa posible marcha do banquiño granate, ten asegurada a súa continuidade alomenos ata o partido do vindeiro domingo en Pasarón ante o Atlético B.
O tanto de Yuri de Souza de penalti no minuto 75 de partido da vida ao seu adestrador e ao Ponteve [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[25/09/2006]/O adestrador do Leganés, Martín Prado, na primeira derrota esta tempada do seu equipo na liga, recoñeceu que o Pontevedra tivo máis posesión do balón e tivo máis efectividade de cara a porta.
«Foi un partido moi vibrante no que dende o principio estaba claro que o que estivera acertado de cara a porta sería o equipo que se levaría a victoria. Acertaron eles tras un [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 13:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
24 - 09 - 2006
[24/09/2006]/Un gol transformado por Yuri de penalti a falta de 15 minutos para o remate do encontro foi suficiente para que o Pontevedra acadase a súa segunda tempada na Liga. Desta vez, a víctima foi o Leganés, que a pesar de estar ante o seu mellor comezo ligueiro, non puido refrendar ese dato esta mañá en Pasarón. O encontro non foi moi vistosos e as ocasións de gol foron escasas [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 23:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
23 - 09 - 2006
[24/09/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol buscará este domingo en Butarque ante o Clube Deportivo Leganés a súa segunda victoria en Liga. Os tres puntos semellan imprescindibles para calmar un pouco os ánimos caldeados do entorno granate, que tralo titubeante comezo ligueiro, desatou a súa ira contra o adestrador pontevedrés, Alberto Argibay.
O Pontevedra chega a Leganés coas ba [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/09/2006]/A ausencia de Luciano foi a principal novidade na lista de convocados que formou Alberto Argibay para o encontro que o Pontevedra CF disputará este domingo, a partir das 12 horas, contra o Leganés. Como xa era coñecido, non viaxan nin Igor nin Tiago Belmonte, mentras que Jesús e Manu Rodríguez xogarán co filial. Como nota positiva hai que destacar a volta de Rubén Reyes t [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:27  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/09/2006]/Charles, xenio e figura dentro e fora dos terreos de xogo, está disposto a abanderar a reacción do Pontevedra en Butarque. O mediapunta brasileño está convencido de que o conxunto granate tocou fondo ante o Fuenlabrada e que a partir de agora comezaremos a ver ao equipo que tan bo fútbol practicou durante varias fases da pasada tempada. Segundo él, a crise serviu para uni [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/09/2006]/As ausencias de Tiago Belmonte e de Igor, os dous noves claros do plantel, pode facer que Baptiste teña ante sí a oportunidade de ser titular fronte ao Leganés. O xogador francés espera que Alberto Argibay se decante por él, pero incluso o canteirán Hugo, que anotou catro goles co Pontevedra B neste inicio da tempada na Rexional Preferente, podería gozar da confianza do t [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:26  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[23/09/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol fai un chamamento á calma. Pide unión, apoio masivo por parte da hinchada para tentar saír dunha situación impensable durante as datas previas ao arranque do novo curso ligueiro.
O pasado xoves, a entidade pontevedresa convocou a tódalas peñas, tanto federadas coma non federadas, coa fin de evaluar a situación e analizar os distintos pu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:16  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
22 - 09 - 2006
[22/09/2006]/O defensa do Pontevedra Clube de Fútbol, Guillaume Dumast, segue sen poder adestrarse co resto do grupo por mor da contractura que sofre no recto abdominal, lesión que con moita probabilidade impedirálle xogar o encontro do domingo contra o Leganés en Butarque.
Deste xeito, e de confirmarse a súa baixa para o domingo, Dumast uniríase a Igor e Tiago no capítulo de ba [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 19:32  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/09/2006]/O Pontevedra afrontará unha situación compricada en Leganés sen os seus dous dianteiros centro máis habituais. Nin Igor, o home gol de Alberto Argibay, nin Tiago Belmonte poderán participar no encontro de Madrid por diversas circunstancias.
Ante esas dúas baixas, o ataque granate podería ter destino na xuventude: Baptiste e Hugo son dous dos aspirantes a ocupar a p [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:03  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[22/09/2006]/O Clube Deportivo Leganés, vindeiro rival en Liga do Pontevedra CF, venceu on ao Santa Ana por 0-1 e logrou deste xeito o liderato do seu grupo na Copa Federación. O gol logrado por Iván Fernández foi dabondo para que o conxunto 'pepinero' acadase os tres puntos. O equipo que dirixe Martín Prado centraráse agora en preparar o encontro do domingo contra o Pontevedra. Onte [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
21 - 09 - 2006
[21/09/2006]/O estadio de Butarque, onde o Pontevedra logrou a tempada pasada unha ampla victoria (1-3), suporá unha reválida para Alberto Argibay como adestrador granate. Só a victoria podería ser suficiente para que asuma a responsabilidade de levar ao equipo á fase de ascenso a Segunda División.
Os antecedentes xogan a favor do técnico nado nas proximidades do estadio de Pasa [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/09/2006]/Probas para buscar ao sustituto de Igor. Alberto Argibay estuda a fórmula para montar un once competitivo que lle dea a victoria contra o Leganés a vindeira fin de semana e lle conceda o crédito necesario para seguir á fronte do banco granate, polo menos durante un par de semana máis. Na primeira sesión de traballo con balón da semana, o pasado martes, optou por Baptiste [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/09/2006]/O mundo ao revés. O Pontevedra e o Leganés volven a cruzar os seus camiños unha tempada máis, pero afrontan a súa vista co panorama completamente diferente ao dun ano antes.
Durante o curso pasado, o cadro de Alberto Argibay xogaba para o ascenso, estaba na segunda praza cando viaxou á cidade dormitorio da capital e ofrecía unha imaxe arrolladora en moitos dos luga [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[21/09/2006]/O dianteiro do Pontevedra Clube de Fútbol, Igor de Souza, foi castigado polo Comité de Competición cun encontro de sanción pola súa expulsión contra o Fuenlabrada, no encontro disputado o pasado sábado no Municipal de Pasarón. Polo tanto, e como xa se sabía, o atacante brasileño non poderá xogar o vindeiro domingo contra o CD Leganés. Dende a directiva granate temían que [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 0:24  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
20 - 09 - 2006
[20/09/2006]/Alberto Argibay, que considera como unha cousa «lóxica» que él siga sendo o adestrador do Pontevedra ante o Leganés no campo de Butarque. «Está claro que estamos nunha situación deportiva delicada, pero iso non significa que non esteamos todo o mundo cos cinco sentidos en darlle a volta, e niso estamos», apuntou.
Evitou pronunciarse sobre o que había falado co presi [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:06  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/09/2006]/A sintonía que amosan Nino Mirón e Alberto Argibay nas súas comparecencias públicas é relativa. No fondo subxace un importante desencontro do presidente do Pontevedra co adestrador en especial despois da derrota do pasado sábado ante o Fuenlabrada en Pasarón. A fraxilidade do equipo e a falta de capacidade de reacción nunha tempada na que o clube volveu a realizar outra f [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/09/2006]/Carlos Alonso non se equivocou. A ecografía que se lle realizou a Organista onte confirmou que o centrocampista só sofre unha pequena recaída dunha vella lesión na parte superior do seu muslo esquerdo e iso non lle impedirá xogar este domingo fronte ao Leganés. Iso sí terá que levar a cabo un lento proceso de recuperación a base de fisioterapia con ultrasons, masaxes e es [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:21  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/09/2006]/Segundo apuntou a sección de deportes da Radio Galega, o presidente do Pontevedra Clube de Fútbol, Nino Mirón, xa podería estar barallando varios nomes de adestradores para suplir a Alberto Argibay no caso de que finalmente o técnico pontevedrés sexa destituído. Non é un dato confirmado, aínda que segundo confirmou a Radio Galega, Mirón xa podería ter contactado con vario [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/09/2006]/A directiva do Pontevedra Clube de Fútbol confirmou que o encontro que disputará o conxunto granate contra o Clube Deportivo Lugo, correspondente ás semifinais da Copa Xunta, xogaráse o vindeiro xoves 12 de Outubro no Anxo Carro. A pesar de que nun principio estaba previsto que as semifinais se disputarían no Multiusos de San Lázaro, finalmente os clubes chegaron a un aco [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:31  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[20/09/2006]/O Pontevedra e o Leganés levarán a cabo este mércores unha dobre sesión de adestramento. Os xogadores do conxunto granate realizarán dúas sesións de traballo no Príncipe Felipe (ás 10.30 e ás 17.30 horas) coa intención de seguir preparando o encontro do domingo en Butarque. Alberto Argibay segue pendente dos xogadores que teñen molestias, caso de Organista, Rubén Reyes e [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 3:30  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
19 - 09 - 2006
[19/09/2006]/O futuro do adestrador do Pontevedra, Alberto Argibay, segue sendo incerto. Agardábase con especial interese a xornada de onte para coñecer se o presidente granate, Nino Mirón, decidía destituir ao preparador ou mantelo no seu cargo, ou incluso para saber se era o mesmo Argibay o que presentaba a súa carta de renuncia ao mandatario. Finalmente non houbo sorpresas e Albert [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/09/2006]/Luciano luce unha aparatosa férula na súa mán esquerda. O defensa sufriu unha fractura «na base do seu terceiro metacarpiano que e houbo que inmovilizarlle a zona. Agárdase que a fisura estea completamente cicatrizada dentro de aproximadamente catro semanas. Pero iso non significa que o xogador vaia a perderse varios encontros de competición. Nada máis lonxe da realidade, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/09/2006]/O capitán do Pontevedra, Vázquez, compareceu no programa Pondeporte de Localia Pontevedra para explicar a difícil situación que está atravesando o equipo. O central asturiano mostrouse confiado en que os xogadores serán capaces de sacar esta situación adiante ao mesmo tempo que promete traballo e máis traballo por parte de todo o plantel.
Vázquez non ten ningunha dú [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[19/09/2006]/A directiva do Pontevedra Clube de Fútbol confirmou que os servizos xurídicos do clube enviarán alegacións ao Comité de Competición polo cartón vermello que viu Igor de Souza o pasado sábado contra o Fuenlabrada.
Aínda que xa é seguro que Igor non poderá xogar o vindeiro encontro contra o Leganés, a intención do clube é que o dianteiro brasileño non sexa castigado c [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 2:19  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
18 - 09 - 2006
[18/09/2006]/Os xogadores do Pontevedra Clube de Fútbol volverán esta tarde aos adestramentos nas instalacións do Príncipe Felipe, a partir das 17.30 horas. O plantel granate comezará a preparar o encontro da vindeira xornada contra o Leganés. Tamén estará Alberto Argibay, que dirixirá a sesión de traballo. Nino Mirón confirmou que esta tarde reuniráse co técnico pontevedrés para fala [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/09/2006]/Nino Mirón está vivindo un dos seus peores momentos dende que chegou á presidencia do Pontevedra. E é que a decisión de destituir a un técnico, difícil de por sí, comprícase un pouco máis ao verse entre a espada e a parede na xornada catro. O presidente non sabe o que vai facer ata o punto de que non se atreve a garantir que Alberto Argibay sentará no banquiño granate no [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/09/2006]/As vindeiras 24 ou 48 horas poderían ser cruciais para o futuro de Alberto Argibay no Pontevedra. O presidente aínda non ten claro que é o qué vai facer, pero a forte presión dos socios e afeccionados en xeral, que incluso lle enviaron mensaxes ao seu móvil, fai que agora mesmo a continuidade do preparador, quen está vivindo o seu peor momento deportivo e persoal dende qu [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[18/09/2006]/O plantel de xogadores do Pontevedra, a diferencia dos afeccionados, non exercerá ningún tipo de presión sobre Nino Mirón para influir na decisión do presidente. De feito, o capitán respondeu así á suposición de que o clube ao final optase por relevar a Argibay no banquiño. «Aí xa non me meto. Esas son cousas da directiva e do presidente, que se ten que tomar unha decisió [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:18  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
17 - 09 - 2006
[17/09/2006]/A xornada de hoxe, pese a tratarse dun domingo, pode ser longa na sede do Pontevedra porque o presidente podería reunirse con Alberto Argibay para falar sobre a situación. Non está garantida a continuidade do técnico nin tampouco pódese afirmar que non haxa ningún movemento porque os dous protagonistas responderon de forma semellante ao ser preguntados pola posible ruptur [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/09/2006]/O Pontevedra perdeu a condición de invicto ante o Fuenlabrada nun partido para esquecer. O público cargou as súas iras contra a figura de Alberto Argibay, a quen culpa do mal xogo do equipo, e despediu ao equipo cunha panolada. A primeira metade foi soporífera e iso que as primeiras accións invitaban a crer o contrario. De feito, Yuri xerou a primeira ocasión cando aínda [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/09/2006]/Nino Mirón estaba abatido ao final do encontro. O presidente falou coa prensa nada máis rematar o partido e comentou que en quente non se poden tomar decisións ao ser preguntado pola posibilidade de destituir ao adestrador. E añadiu que nun prazo dun a tres días veráse o que vai pasar.
Posteriormente, compareceu en rolda de prensa e ofreceu unha visión máis ampla da [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[17/09/2006]/Alberto Argibay, que recibiu gritos de dimisión por parte do público de Pasarón durante varias fases do partido de onte, afirmou na rolda de prensa tralo partido, que «cando hai unha situación tensa como ésta non tomo decisións en quente, reflexiono e o fago en frío. Cando eu considere que fixen a reflesión adecuada, mirarei que tipo de decisión tomo». Esas foron as decla [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 15:20  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
16 - 09 - 2006
[16/09/2006]/O Pontevedra Clube de Fútbol confirmou esta tarde o mal momento polo que está a pasar tras caer derrotado pola mínima diante do Fuenlabrada. Non foi un bo encontro o que disputaron ámbolos dous conxuntos xa que mentres o Pontevedra carecía de ideas no ataque, o Fuenla apenas quixo xogar ao fútbol e tal e como se preveía, xogou co paso do tempo e dos minutos.
No prim [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 20:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/09/2006]/Os xogadores do Pontevedra concienciáronse ao longo da semana para recobrar esta tarde, a partir das 18.00 horas, o bo fútbol que practicaron durante varias fases da pasada campaña ligueira. A mala imaxe ofrecida fronte ao Racing de Ferrol e o Talavera e sobre todo os apupos que recibiron contra o Lugo fai quince días serviron para sobremotivar a un plantel que desexa pre [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/09/2006]/Luciano non sabe se ante os madrileños tocarálle sentarse no banco ou actuar de titular coma nos dous últimos encontros oficiais do Pontevedra ante o Celta na Copa Xunta e fronte ao Talavera. Aínda así, o defensa confía en seguir contando coa confianza de Alberto Argibay.
«Non teño nin idea do que vai pasar. Nunca sabemos quen vai xogar ata unha hora antes do encont [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:35  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/09/2006]/O capitán do Pontevedra, Alejandro Vázquez, avanza que a Pasarón chegará un Fuenlabrada conservador, organizado defensivamente, ben armado e ao que será difícil sorprender. Para conseguilo, será fundamental a mentalización dende o pitido inicial. "Se o Fuenlabrada quere pecharse atrás e xogar ao contragolpe, nós debemos estar mentalizados para contrarrestalos co noso xogo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
[16/09/2006]/O mediocentro portugués do Pontevedra, Sergio Organista, agarda que o conxunto granate poida resolver o encontro de hoxe a base de casta, concentración, agresividade e calidade. "Temos que entrar ben no encontro, agresivos, listos e ir a por eles a gañar", manifestou. Organista respecta ao Fuenlabrada. Cre que se achegará a Pasarón levarse os tres puntos. "Sabemos que imo [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 14:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
15 - 09 - 2006
[15/09/2006]/Alberto Argibay incluíu a Charles na lista de convocados para o encontro que o Pontevedra disputará mañá contra o Fuenlabrada. O técnico pontevedrés deu a coñecer a convocatoria trala finalización do adestramento que o conxunto granate levou a cabo esta tarde en Pasarón e nela incluíu a dezaoito xogadores: Bonis, Saizar, Luciano, Asier Ormazábal, Baggio, Dumast, Vazquez, [...]
Ler máis ...
Nova engadida por JBA @ 21:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar