[27/10/2006]/Alberto Argibay desvelou no adestramento de onte na Xunqueira que Dumast é o xogador que máis posibilidades ten de cubrir a vacante que deixaron entre Humberto Soares e Organista no centro do campo para o partido do domingo contra o Universidade das Palmas en Gran Canaria.
Aínda que o técnico traballou tamén con Rubén Reyes na zona ancha, a súa especial predilección polo francés -colocouno como lateral dereito no decisivo encontro contra o Sevilla B na fase de ascenso e isto supuxo unha das maiores críticas dos afeccionados cara Argibay- colócalle de partida con vantaxe.
Rubén Reyes, un dos xogadores máis en forma do equipo a estas alturas da tempada, terá que seguir agardando a súa oportunidade, aínda que él non descarta participar no duelo co líder no estadio Alfonso Silva. «Como tódalas semanas eu adestro como un xogador máis da plantilla, intento facer as cousas ben e a ver se esta semana pode ser positiva para mín», apuntou o centrocampista asturiano.
«Eu estou preparado e atópome moi ben», argumenta Reyes, quen di traballar para «ser titular e se non pode ser, tento aportar o meu grao de area no tempo que saia e ao final prefiro quedarme coa victoria, que é o importante», situando «o demáis», é dicir, a súa falta de oportunidades e a súa titularidade, noutro plano: «Son cousas que te poden chegar pero cando un traballa a tope ten que estar tranquilo e tampouco paga a pena pensar noutras historias».
«Quizáis por iso non xogo».- Das declaracións do técnico acerca de que tería que gañarse a titularidade tanto nos adestramentos como nos partidos, o xogador granate sinala que «non pode dicilo porque eu así o fago e dou todo o que teño de mín nos partidos e nos adestramentos para iso», e cre que un futbolista que «xoga ben o domingo ten que traballar ben pola semana».
Nunha clara demostración de eludir calqueira tipo de confrontación, Reyes prefire pensar que o que declarou Argibay é porque «imaxínome que é unha cousa que él entende que ao mellor non fago ben ou que ao mellor él pídeme que faga e que eu non fago ben; quizáis por iso ao mellor non xogo».
Aínda sen saber se estará entre os titulares, Rubén Reyes sitúa o partido contra o Universidade como un dos máis atractivos durante a tempada. «É un deses equipos que te marcan, teñen a mesma capacidade que os equipos aos que posiblemente vaste enfrontar nos play off e este é un rival moi incómodo, moi difícil e eu creo que é unha proba importante para nós», sinala. Despois do empate en Pasarón ante o Lanzarote, Reyes cre que a victoria «viríanos moi ben xa que poñeríamonos cos mesmos puntos que teñen eles e creo que sería un golpe de moral do equipo para demostrarnos a nós mesmos tamén a capacidade que temos de cara á afección e de todo o que rodea ao Pontevedra».
Ademáis, queda tamén por demostrar se o equipo consegue volver á senda das victorias que atesorou ante os tres equipos filiais. Na primeira proba, o equipo pontevedrés non pasou do empate ante o Lanzarote en Pasarón.
A Voz de Galicia