28 - 10 - 2006
[28/10/2006]/Tino Luis Cabrera, técnico do Universidade das Palmas, asegurou que o seu equipo "nunca tivo dous partidos malos" polo que confía en que este domingo, ante o Pontevedra, poidan reparar cun triunfo o tropezo sufrido a semana pasada en Vigo fronte ao Celta B (1-0).
"Será un dos mellores encontros que se poden ver na categoría polo cartel do Pontevedra e tamén polo noso. Agardamos, como é lóxico, facer bo o factor campo e sumar os tres puntos para recuperar a inercia positiva", razonou. Tino Luis recoñeceu que un tropezo co conxunto galego, e tal e como está agora a táboa clasificatoria, pode facer que o Universidade "saia da zona de ascenso", aínda que espera que "se cumpran as mellores perspectivas".
As baixas de Pachi e David Medina están confirmadas, mentras que Miguel Angel Molina será dúbida por unhas molestias no quinto metatarsiano. Por contra, Sergio, ausente no encontro anterior, causará alta. O encontro disputaráse este domingo, a partir das 12.30 horas, no campo municipal Alfonso Silva e será dirixido polo colexiado Acosta Lorenzo.


www.canarias7.es
Nova engadida por JBA @ 0:22  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións