[28/10/2006]/Alberto Argibay viaxará este sábado con dezaseis xogadores ata terras insulares para afrontar o encontro contra o Universidade. A expedición granate, que partirá dende o aeroporto de Peinador, esta formada por Bonis, Saizar, Asier Ormazábal, Luciano, Baggio, Dumast, Vázquez, Azparren, Filipe Machado, Nasser, Fran Rico, Víctor Ormazábal, Rubén Reyes, Charles, Yuri e Igor.
Quedan fóra da mesma o sancionado Organista, o lesionado Tiago Belmonte, e mais Humberto e Baptiste, éste último por decisión técnica.
Agárdanse trocos no once de saída do conxunto granate, xa que Argibay probou con xogadores como Luciano, Azparren ou Rubén Reyes no once titular, futbolistas que nas derradeiras xornadas tiveron que conformarse con estar no banco das suplencias.
Os xogadores granates viaxan coa intención de demostrar o estado polo que está atravesando o equipo, que encadenou un total de catro victorias e un empate nas derradeiras cinco xornadas, cun balance de 11 goles a prol e un só tanto en contra.