[28/10/2006]/Universidade e Pontevedra disputarán este domingo o encontro máis interesante da xornada 10 do grupo I da Segunda División B. O mellor local contra o mellor visitante, só separados por tres puntos na táboa clasificatoria, afrontan este duelo coa intención de redimirse dos seus respectivos tropezos na anterior xornada. O Pontevedra tería asegurada de novo a súa presencia nos postos que dan dereito a xogar as eliminatorias polo ascenso se é quen de derrotar ao Universidade, debido aos diferentes enfrontamentos que terán lugar esta fin de semana entre equipos da zona alta da clasificación. O conxunto granate chega cunha boa bagaxe nos partidos xogados lonxe de Pasarón, pois logrou dez puntos de doce posibles fora da casa grazas as súas victorias en Ferrol, Leganés e Vigo, e ao empate que logrou in extremis en Talavera.
Argibay, que ten as baixas de Tiago, Humberto e Organista, estará obrigado a facer trocos no once. Uns por necesidade como a inclusión de Ruben Reyes ou Dumast no canto de Organista (o mediocentro portugués foi expulsado contra o Lanzarote), e outros por decisión técnica, como os de Luciano e Azparren nos laterais.
Pola súa parte, o Uni chega a este encontro tras coseitar a súa segunda derrota ligueira (1-0 ante o Celta B). Non obstante, hai que salientar que ámbalas dúas derrotas producíronse fóra da casa (a primeira foi tamén pola mínima e ante o Talavera), xa que nos partidos disputados no Alfonso Silva, o conxunto universitario fixo pleno de victorias. Outro ano máis, o cadro dirixido por Tino Luis móstrase intratable como local, feito indispensable para tentar lograr unha vez máis o obxectivo do ascenso.
O técnico do cadro grancanario conta coas baixas de Pachi e David Medina, que atópanse en fase de recuperación das súas respectivas lesións. Por contra, sí estara Sergio, que presumiblemente ocupará un posto no once inicial.
O encontro disputaráse o domingo ás 12.30 horas no Alfonso Silva e será dirixido polo colexiado tinerfeño Juan Acosta Lorenzo.