30 - 10 - 2006
[30/10/2006]/O Pontevedra saíu derrotado pola mínima ante o Universidade das Palmas (1-0) nun encontro igualado onde os visitantes realizaron uns bos 45 minutos mentras que baixaron o nivel tralo descanso e nada puideron facer para remontar un marcador que, xa reanudada a segunda metade, se lles puxo en contra.
O conxunto galego demostrou ser o mellor equipo que pasou polo campo do líder e volveu a caer, como a tempada pasada, nunha xogada a balón parado no único fallo que tivo a zaga do Pontevedra.
Os visitantes saíron máis ordenados ca o seu rival, e erixíronse nos dominadores na primera fase do xogo, tendo unha maior posesión do balón e facendo dano coas entradas por banda de Yuri. O líder o pasaba mal e nos primeiros compases apenas inquedaba a meta de Bonis, que presenciaba o choque coma un espectador máis.
Nos primeiros minutos de xogo, Yuri, tras levarse o balón a trompicones, plantouse na frontal e o seu disparo estrelouse no longueiro. Os xogadores do Pontevedra, a balón parado, estiveron a piques de adiantarse tras un centro de Reyes. O córner e posterior remate de Ormazábal que marchou rozando o pao. A partir do minuto 20, os universitarios sacudíronse e o dominio nivelouse.
O encontro sobretodo equilibrouse coa presión do centro do campo visitante. Co paso dos minutos, os visitantes foron perdendo o aire. O conxunto de Tino Luis gozou dunha clara ocasión de gol no minuto 20, nun fallo defensivo de Vázquez que Ángel Luis aproveitou para rematar, aínda que Bonis detivo o balón en dous tempos.
No minuto 25, nun novo ataque visitante, Yuri foise do seu defensa e deu un pase a Charles, que controlou con calidade na frontal e o seu disparo saíu rozando o poste. Co paso dos minutos, ámbolos dous conxuntos foron perdendo gas, e os últimos dez minutos da primeira metade, relaxáronse ata impoñerse os defensores aos atacantes, o que produciu que, ao término da primeira metade, se chegase co marcador inicial.
Tralo descanso, os visitantes baixaron moito a intensidade do seu xogo. No minuto 60, o Universidade adiantaríase no marcador cunha xogada a balón parado, nun córner lanzado por Ángel Sánchez, e Sergio, anticipándose ao seu defensa, nun espléndido testarazo, adiantou ao seu equipo no marcador. Ese tanto desconcertou ao Pontevedra, que estivo durante varios minutos co rumbo perdido e non sería ata o minuto 65 ata que tivera a oportunidade no lance dunha falta botada por Reyes dende 30 metros que saíu por enriba do longueiro.
Alberto Argibay, co marcador en contra, deu entrada no terreo de xogo a Fran Rico por Víctor para que o seu equipo tivera máis profundidade na líña de ataque. No minuto 75, os locais, ao contragolpe, puideron aumentar o marcador nun centro dende a banda dereita de Fali e o remate de cabeza de Rubén saíu por enriba do longueiro.
Antes de finalizar o encontro, Moisés nun rápido contragolpe, enviou un balón en profundidade a Paulino que foise en velocidade da defensa, plantouse só diante do porteiro, e o seu disparo o detivo o cancerbeiro visitante. A pesar de que o colexiado descontou cinco minutos, os visitantes non se achegaron á portería local, e chegouse ao término do encontro coa victoria mínima universitaria.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 17:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións