30 - 10 - 2006
[30/10/2006]/Aínda que o Pontevedra segue estando no grupo de cabeza, mo preto dos postos de promoción de ascenso, a derrota de onte no campo do Universidade fíxolle retroceder un posto máis, caendo á sexta praza.
A victoria do Raio Vallecano fronte ao Lugo no Teresa Rivero aínda que apurada (1-0) serviulle ao conxunto madrileño para colocarse na zona de privilexio tras superar ao Talavera despois do mán a mán que mantivo éste co San Sebastián dos Reis nun partido que finalizou sen goles.
Aínda así, o conxunto granate está a tan só dous puntos do terceiro clasificado, a catro do segundo clasificado, o Puertollano, e a seis do líder. A vantaxe co Universidade comeza a ser preocupante para un equipo que afrontou o campionato de Liga coa pretensión de competir polo título de Liga. A estas alturas, podería pensarse que se lle escapa outro obxectivo.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 17:43  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións