30 - 10 - 2006
[30/10/2006]/O resultado, como é lóxico, non lle deixou un bo sabor de boca a Alberto Argibay. O técnico defendeu na rolda de prensa posterior ao encontro que o Pontevedra fixérase acreedor cando menos a un reparto de puntos. A balanza desequilibrouse nunha xogada a balón parado e iso non lle gustou nada porque os xogadores granates ensaiaron a defensa dese tipo de accións ao longo de toda a semana.
«A partir do gol, xogamos con moita precipitación. Eles, a partir de aí, manexaron moito mellor o partido aínda que creo que no cómputo xeral do encontro, o Pontevedra mereceu máis, como mínimo o empate. Ainda así, é verdade que non xogamos nada ben nos últimos vinte minutos do partido», comentou o preparador pontevedrés.

Perdonouse ao principio.- Ademáis, apuntou que os xogadores granates deixaron escapar unha boa ocasión de adiantarse no marcador nos primeiros trinta minutos de xogo. E por desgraza logo cumpriuse o dito futboleiro que reza que «o que perdoa termina perdendo».
«Na primeira parte, sobretodo na media hora de xogo inicial, o equipo estivo ben, concentrado, e puidémonos adiantar no marcador a tenor das moitas ocasións das que dispuxemos», recalcou.
A continuación recoñeceu que na reanudación o Pontevedra baixou enteiros no seu xogo e iso abriu a porta á chegada do tanto do Universidade, que naceu nun erro defensivo. «Na segunda metade, estivemos algo peor, cun desacerto no gol que encaixamos. O seu xogador Sergio rematou prácticamente no área pequena cando sabíamos que o Universidade é un equipo que a balón parado é moi perigoso», asegurou.
Asimesmo, sostivo que unha das claves da derrota foi que, pese á igualdade reinante no terreo de xogo, o partido decidiuse pola falta de reacción trala chegada do 1-0 definitivo. «En xeral foi un bo partido e moi equilibrado. O que pasa é que non tivemos capacidade de reacción tralo gol e precipitámonos», explicou.
Outra das carencias do seu equipo no duelo de onte foi o pouco que explotou as bandas. Aínda que iso sí, os canarios tamén o puxeron bastante compricado co seu xogo conservador. «Faltounos entrar un pouquiño máis por banda e ser máis rápidos, pero é certo que o Universidade estaba ben repregado na súa área», destacou.

Repetiuse a historia.- E para concluir volveu a incidir en que se cumpriu o temor de encaixar un tanto nunha xogada de estratexia ante o Universidade das Palmas, un equipo que gañou moitos puntos desta forma tanto no que vai de tempada como na anterior. E iso que Argibay advertira aos seus futbolistas da perigosidade do líder nese aspecto e incluso ensaiaran a defensa desas accións.
«Nun partido tan igualado como éste, as xogadas a balón parado son claves, e nesta categoría aínda máis, de aí que non estivéramos nada finos á hora de defender esta falta. É a terceira vez que nos sucede esta circunstancia contra o Universidade, xa o repetimos o ano pasado», concluíu Alberto Argibay.


A Voz de Galicia
Nova engadida por JBA @ 17:44  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións