[31/10/2006]/O Pontevedra confirmou onte que o derbi deste domingo contra o Ourense disputaráse ás doce da mañá, un horario que en principio manteráse durante todo o mes de novembro porque as torretas de iluminación de Pasarón están a medio construir e sería un risco xogar os encontros pola tarde pola posible escasez de luz. Os afeccionados que queiran asistir a este duelo terán que pagar 18 euros en Tribuna, 12 en Preferencia e 8 nos fondos. Os juniors pagarán respectivamente 9, 6 e 4 euros.
Na actualidade do Pontevedra hai que destacar que o plantel regresa hoxe aos adestramentos cunha dobre sesión nas instalacións do Príncipe Felipe. Reincorpórase ao traballo Humberto, que perdeuse o partido contra o Universidade das Palmas por unha viaxe a Brasil para resolver uns asuntos persoais e asistir ao nacemento do seu primeiro fillo. Igor tamén está de noraboa porque a súa muller deu a luz a un neno. Desta forma, a plantilla está ao completo para preparar o derbi cos das Burgas. Mañá o equipo realizará un ensaio en Gondomar aproveitando a disputa dun amigable. Xogaráse ás 17.00 horas.
Recursos do Ourense.- Mentras, os despachos do Ourense botan fume. Os servizos xurídicos do clube están preparando un recurso con diversas alegacións para permitir que Xurxo e Manu, que foron expulsados fronte ao Celta B no Couto, poidan enfrontarse ao Pontevedra. Ademáis, recurriráse a expulsión que sufriu Manolo Tomé. Se os comités non levantaran o previsible castigo, o técnico veríase obrigado a ver o encontro dende a grada. O sustituiría Dacosta.
A Voz de Galicia